Welcome to ma maison

17 de xuño de 2022
II Festival de Poesía Guitirica

Cristina Pato debuta como novelista

Presentación dun libro de Francisco Rodríguez

12 de xuño de 2022
Documental 'A vivenda un ben social?'

Hectómetro Literario a Sonia Villapol
O Paseo dos Soños de Vilalba contará cun novo Hectómetro Literario, o décimo sexto, por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.
Nesta ocasión estará dedicado a Sonia Villapol, neurocientífica e mestra no Instituto de investigación do Hospital Methodist de Houston.
Para este acto farase unha camiñara polo Paseo dos Soños ata o hectómetro labrado por Fernando Villapol, acompañados polo gaiteiro Raúl Galego.
Este encontro de erección dun novo monolito será ás 12.00 horas no Muíño do Rañego e intervirán Alberto Avendaño, xornalista e poeta, Modesta Campo Valiña, mestra en ciencias, Sabela Corbelle, xornalista, Paco Martín, Premio Nacional de Literatura, María Xosé Porteiro, xornalista e escritora, Guillerme Rodríguez Ososrio, mestre e psicopedagogo, e Xulio Xiz, xornalista e escritor.
Ademais haberá unha intervención musical de Marina Oural Villapol, bailarina, poeta e artista, e de Ugía Pedreira, artista e escritora.
Por outra banda, farase un xantar ás 14.30 horas no hostal Terra Chá ao que para asistir hai que anotarse chamando ao teléfono 646 413 890.
No Paseo dos Soños de Vilalba teñen xa cadanseu Hectómetro Literario Miguel Anxo Fernán Vello, Paco Martín, Manuel María, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Carballo, Margarita Ledo, Helena Villar-Xesús Ràbade, Xosé Chao Rego, Ramón Luis Chao, Xulio Xiz, Mini e Mero, e Alfonso Blanco Torrado

9 de xuño de 2022
Roteiro Arqueolóxico por Vilalba

Exposición "O Castro tamén na orixe da LIXG"

Pregón da Feira do Libro

6 de xuño de 2022
'Ragazzo' no Galicia Escena Pro

4 de xuño de 2022
Obradoiro de regueifa na Casa do Manuel

Concerto de Zoelas na Casa do Manuel

Presentación de Xosé Ramón Pena

31 de maio de 2022
Conferencia de Felipe Senén

Limpeza nas Ínsuas do Miño

Dani García no Campionato Mundial de Maxia

Markus Linnenbrink na Fundación DIDAC
A pintura de Markus Linnenbrink (Dortmund, Alemaña, 1961) xera unha complexa atmosfera na que o espazo arquitectónico asóciase co proceso pictórico e cromático, conformando unha experiencia sensorial expandida. En moitas das súas instalacións, as liñas advirten sutís xeometrías que achegan precisión e profundidade, confrontándose con meditados goteos nun interesante equilibrio entre o espontáneo e o racional.
Nesta ocasión, Markus Linnenbrink realiza unha instalación site-specific para as salas da Fundación DIDAC, xogando coas condicións físicas do espazo para ocupar a súa totalidade converténdoo nunha pintura habitable que impulsa ao espectador a mirar en varias direccións e mergullarse na emoción plástica.
A fixación pola cor, nunha gama que prima as complementarias, provoca unha potente fisicidade que deixa fóra de xogo ao cubo branco para multiplicar as súas arestas dotándoo de brillo e luz. Sen romper o patrón formal, o artista insírenos nunha sorte de xogo de espellos onde se trastorna a noción espacial, interpelada agora polas súas múltiples liñas en fuga.
Nesta instalación, a pintura supera o plano vertical para deslizarse entre o teito e o chan, impondo un compás dinámico e case frenético, próximo á psicodelia. Se a retícula configurada polas liñas outorga orde ao conxunto, o derramamento da pintura indica o seu carácter fluído, aproxímanos ao xesto e ao proceso. Suxire, en certo xeito, a acción de pintar como un exercicio de capas, revisións e cadencias compasadas entre os propios ritmos cotiáns.
Markus Linennbrink está representado pola Galería Max Estrella de Madrid.
Máis información en didac.gal

27 de maio de 2022
Samuel Diz e Faia Díaz na Casa do Manuel

25 de maio de 2022
Exposición 'Instantes'

23 de maio de 2022
Novo mural en Vilalba
O Concello de Vilalba anuncia que o artista urbano Diego AS realizará un novo mural no municipio, no marco do proxecto do goberno local para impulsar este tipo de obras artísticas.
A cidadanía poderá propor lugares para que Diego AS pinte o seu novo mural en Vilalba. As persoas interesadas en ofrecer dito espazo poderán presentar un escrito ao Concello de Vilalba comunicando o seu desexo ata o próximo 31 de maio, achegando tamén unha fotografía do lugar proposto.
O artista seleccionará entre os lugares ofrecidos o que máis axeitado considere para o mural. O Concello de Vilaba espera que a obra estea rematada antes do mes de setembro.
Diego As é un dos artistas urbanos de referencia, de feito, é o autor do coñecido mural de Julio César en Lugo, estreado con motivo do pasado Arde Lvcvs. Esta obra outorgoulle fama e recoñecemento internacional.
Dende hai meses, o Concello de Vilalba promove a creación destes espazos, que xa suman cinco murais no municipio: o dedicado a Agustín Fernández Paz e pintado por Mon Devane, na avenida Terra Chá; o mural na piscina municipal, de Iria Fafián; a obra na rúa Carmiña Prieto Rouco, de Pablo Lage (Van-Kraft); a pintura da rúa do Cotarón, de Miguel Peralta (Cestola na Cachola); e o mural na travesía dos Castros, de Lula Goce.

20 de maio de 2022
Contos arredor do lume
A actriz, titiriteira e contadora ourensá, Alba Grande, levará a cabo este sábado, 21 de maio, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, unha función de narración oral, Contos arredor do lume, dirixida para público familiar a partir de 5 anos.
Serán catro contos de tradicións populares que nos falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Un espectáculo que inclúe o son dun pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas e escenas de títeres creados con obxectos.
Un fermoso alegato sobre o coidado da nosa contorna a través Vasalisa e Baba Iagá, A paporroiba valente que loitou contra o lume que incendiaba a fraga, A paxariña que trouxo o lume á humanidade e O rato e a rateira.
É necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.

Adeus a "Mincho" Villar
