Inaugurado o curso na Escola de Imaxe e Son de Lugo


Redacción

José Luis Cuerda, director de Los girasoles ciegos -recentemente seleccionada para representar ao Estado español na carreira polos Oscar- foi o encargado de inaugurar o pasado venres o curso na Escola de Imaxe e Son de Lugo. O acto tamén contou coa presenza do presidente da Fundación Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), José Ramón Gómez Besteiro; e do presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado.

Cuerda foi o encargado de tramitir aos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo que con este curso completan a súa formación, á vez que deu a coñecer a súa experiencia na rodaxe da súa última película Los girasoles ciegos en Ourense.

A Escola de Imaxe e Son, promovida pola Deputación de Lugo e xestionada pola Fundación TIC, imparte ensinos de formación profesional de comunicación, imaxe e son, ofertando estudos do ciclo superior de produción de audiovisuais, radio e espectáculos e do ciclo superior de realización de audiovisuais e espectáculos.

06/10/2008

0 comentários :

Danos a túa opinión