Non é momento de barrer para casa


Moncho Paz

Confianza é a grande verba do momento. Ao marxe da ideoloxía, hai que recoñecer que os gobernos están actuando con improvisación. As medidas de garantir os depósitos e os plans de emerxencia deseñados non están a funcionar como deberan. Os indicadores -Dow Jones, Nikkei, Ftse 100, Ibex 35- así o amosan e o pánico faise dono dos mercados internacionais paseniñamente.

Permítanme que o explique de xeito metafórico, facendo uso da linguaxe médica: a causa principal do mal ven porque se deu unha resposta tardía aos primeiros síntomas da enfermidade, por iso agora haberá que recetar antibióticos: “o pacente está na UCI, con pronóstico reservado”, como afirma na súa columna de opinión Ángel Ubide. É certo, pasamos demasiado tempo perdidos en debates semánticos, sobre si había unha crise real ou estabamos a falar unicamente dun episodio de desaceleración económica.

Agora asistimos a un capítulo de falla de coordinación entre os gobernos europeos, onde as medidas non convencen ao mercado e as Bolsas seguen a desplomarse. Ante esta situación, parece oportuna a oferta do presidente Zapatero de que a oposición refrende sen condicións o plan do Goberno. Hai que ser solidarios -no sentido máis amplo- e non barrer para casa; non é momento de poñer obxeccións, senon de actuar con unidade. Porque é a única maneira de recuperar a confianza.

9 de out. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión