Novo foro de debate no Consello da Cultura Galega


Redacción

Os vindeiros días 23 e 24 de outubro terá lugar na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, o foro de debate sobre “O valor crítico dos bens culturais”, coordinado polo arquitecto Iago Seara, na fotografía. Intervirán especialistas e creadores que reflexionarán abertamente sobre os bens culturais, a memoria e a identidade material e espiritual dos pobos, referencia especial nas poéticas contemporáneas. Este foro é o quinto dos seis programados, baixo o lema “Crear cultura, imaxinar país”, para conmemorar os primeiros 25 anos do CCG (1983-2008).

6 de out. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión