A selección galega de fútbol sala, semifinalista do campionato do mundo


Redacción

Non vai nada mal a primeira participación dunha selección galega nun campionato mundial de futbol sala. A Irmandiña feminina derrotou hoxe á selección arxentina por un contundente 8-1 e meteuse nas semifinais da competición

Logo de perder pola mínima no primeiro partido, fronte a Rusia, a nosa selección foi progresando, vencendo a Ucraína e conseguindo este magnífico resultado fronte ao equipo austral. As irmandiñas enfrontaranse ao vencedor do partido que se está a xogar entre Colombia e Paraguai.

Neste primeiro Mundial feminino de fútbol sala, que se xoga na localidade catalá de Reus, participan os equipos nacionais de Arxentina, Australia, Bélxica, Catalunya, Colombia, Galiza, Italia, Paraguai, Chéquia, Rusia, Ucraína e Venezuela.

3 de out. de 2008

0 comentários :

Danos a túa opinión