Carlos González Reigosa gaña o XX Torrente Ballester

Redacción
O premio Gonzalo Torrente Ballester Convocado pola Deputación da Coruña, ten unha dotación económica de 25.000 euros, amais da publicación da obra gañadora. A súa novela A vida do outro foi escollida entre 404 orixinais: 28 en galego e 376 en castelán, procedentes dun total de 18 países. O xurado do premio, que presidía Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación deu a coñecer a súa resolución nunha conferencia de prensa esta mañá. Ademáis estivo integrado pola responsábel da área de Cultura da entidade, Caridad González Cerviño, e os críticos literarios, Mercés Monmany, (comisaria do premio), Angel Basanta Folgueira, Amalia Iglesias Serna, Rosario Canal, José Manuel Pozuelo Yvancos, Xosé Manuel Pacho, (gañador da anterior edición), e José A. Ponte Far.
Carlos González Reigosa (Lagoa da Pastoriza, 1948), licenciado en Ciencias da información e Ciencias Políticas, comezou a súa andaina xornalística en La Voz de Galicia, e foi redactor da axencia EFE dende o 74, pasando a dirixir a información na axencia entre o 90 e o 97, e ocupando logo, ata 2004, o posto de director de publicacións. Na súa producción novelística cóntase obras como Oxford, amén (en castelán, no 82), Crime en Compostela (1984), gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001), Intramundi (2002) e Pepa a Loba (2006). No eido da narrativa curta ten publicado Homes de Tras da Corda (1982), As pucharcas da lembranza (1984), Irmán Rei Artur (1987) e Los disparos de Billy (en castelán, no 86).
A súa obra exténdese tamén ao campo do xornalismo, con infinidade de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional en revistas e xornais españois e americanos, así como os ensaios Fuxidos de sona (1989), El regreso de los maquis (1992) e La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996). Ademáis, é profesor no Máster de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no Máster de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.

11 de nov. de 2008

5 comentários :

  • A desproporcioada dimensión que se lle está a dar o premio acadado por Reigosa débese a súa amizade con algún medio de comunicación. O da Pastoriza nunca foi un bo xornalista, dito por moitos colegas seus, nin moito menos un bo escritor. Nunca pasou de ser un imitador do Vázquez Montalbán. Ademais estes premios están outorgados previamente polo que convocalos é unha inutilidade total.

    19:53 do 12 de novembro de 2008

  • O que vexo eu desproporcionado, meu, son eses comentarios despectivos. Pode gustarche máis ou menos como escribe Reigosa, pero o que non me parece ben e que pasemos á descalificación personal.
    En canto ao dos premios, non dis nada que non saibamos, pero ese tipo de máximas eu deixaríallas a Perogrullo.

    21:46 do 12 de novembro de 2008

  • Carlos Reigosa non é chairego nin galego. Utiliza Galiza en función dos seus intereses. Os seus traballos foron feitos por terceiras persoas, entre eles a recompilación de Homes de Tras da Corda, que lla fixo Primitivo Iglesias. Mentres, Fuxidos de Sona é unha obra de Xan L. Rico. Reigosa non está recoñecido coma un gran xornalista a nivel do Estado. A súa obra é pobrísima en canto a contidos. Tivo bos padriños, entre eles Lobo Montero que o meteu na Axencia EFE, cando aquelo era un niño de feixistas.

    12:57 do 13 de novembro de 2008

  • Non se trata ou non de insultar ó señor Reigosa. Coincido en que pode gostar ou non a súa obra, pero o certo que tamén coincido cos que dín que non é galega. Ademais, Carlos G. Reigosa, que sempre oculta o seu apelido, non debe ser un referente para Vilalba, que é un pobo señorial nin moito menos para a nosa agarimada Terra Chá. Alguén que queira a Chaira non debe sentirse por Carlos Reigosa. Dín que é un enchufado, non o sei, pero que non é un bo escritor nin un bo xornalista é algo do que dou fe. Os seus relatos son nefastos, vomitivos, o peor do peor. Alguien ten que estar detrás de él porque se non non se entende.

    17:56 do 13 de novembro de 2008

  • A Voz de Vilalba é un magnífico medio de comunicación dixital. Ten uns extraordinarios redactores e aborda uns aspectos encomiables. Pero non debería facerse eco de quen nada ten quen ver con Vilalba. Reigosa é unha persoa con escaso sentido do humor, que o único que busca con este premio é o elitismo, o ser famoso, o recoñecemento barato, a probeza intelectual dun home que nunca debeu saír detrás da Corda, que é o seu sitio natural coma eses lobos que oubean nas xélidas noites de inverno.

    19:45 do 13 de novembro de 2008

Danos a túa opinión