'Construcións' de Eduardo Estévez en Edicións Positivas

Redacción

O vindeiro luns chegará ás librarías, publicado por Edicións Positivas na súa colección Di-Versos, o poemario Construcións de Eduardo Estévez, ao cal se lle retirou o pasado 23 de setembro, non sen xerar certa polémica no mundo literario e editorial, o Premio González Garcés de Poesía que outorga a Deputación de A Coruña. A razón aludida polo xurado, despois dunha reclamación de Xavier Lama, foi que o poemario fora previamente publicado na rede, nun blog no que Estévez amosaba o proceso de elaboración do texto.
Eduardo Estévez ten unha ampla producción na que compre salientar Só paxaros saíron desta boca (1998), Lúa gris (1999), Caderno apócrifo da pequena defunta (2003) ou Derrotas (2004). O seu novo libro estará na rúa o luns 10 de novembro, aínda que o acto de presentación e lectura terá lugar o vindeiro xoves 13 no pub Casa da Crechas de Compostela.

05/11/2008

0 comentários :

Danos a túa opinión