O legado de Isaac Díaz Pardo

Redacción

A Fundación Seminario de Estudos Galegos custodiará o legado do intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo e velará pola súa divulgación segundo anunciou o conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romero, no acto de nomeamento de Díaz Pardo como fillo adoptivo de Rianxo que tivo lugar o pasado sábado 8 de outubro. Méndez Romeu adiantou que a fundación será constituída proximamente polo Goberno da Xunta de Galicia e que estará situada na sede do Instituto Galego de Información, en San Marcos, no Concello de Santiago de Compostela. Avanzou tamén que empezará a funcionar antes de final de ano. Esta fundación, que será un legado para as futuras xeracións, ía levar o nome de Isaac Díaz Pardo pero que o intelectual non o aceptou por humildade. Así mesmo, Méndez Romero destacou a traxectoria de Isaac Díaz Pardo e a súa ''obra enorme'' en distintas facetas como a escritura, a pintura e o mundo empresarial, até converterse nun ''referente para o mundo cultural galego''. Deste xeito, quedará protexido e porase en valor o legado do impulsor do Laboratorio de Formas, que lle deu continuidade ao Seminario de Estudos Galegos e que creou unha linguaxe de deseño moderno a partir da tradición propia.

10 de nov. de 2008

1 comentários :

  • Díaz Pardo é sinxelamente un home xenial, que sempre fixo patria. Facer patria non é outra cousa que traballar desinteresadamente polo seu país. Poucos persoeiros poden presumir de haber traballado tanto e con tanto froito. Desexolle moitos anos de vida, pero cando Díaz Pardo atravese o Rubicón daquela todos dirán o bo que foi. Agora moitos aledanse dos problemas que tivo en Sargadelos,

    13:24 do 13 de novembro de 2008

Danos a túa opinión