Presentación de dous novos libros da serie “Galicia Exterior”


Redacción

Maná venres terá lugar na biblioteca do Consello da Cultura Galega (CCG) en Compostela a presentación de dous novos títulos da serie “Galicia Exterior”, impulsada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza e o CCG. Trátase de A Galicia antillana: formación e destrución da identidade galega en Cuba, 1899-1968, de José Antonio Vidal Rodríguez, e de Los gallegos en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa, de María José Lojo.

O acto contará coa presenza de Ramón Villares, Presidente do CCG; José María Arias, vicepresidente da Fundación Barrié, e os historiadores e prologuistas dos libros, Xosé Manoel Núñez Seixas e Pilar Cagiao Vila, na fotografía.

06/11/2008

0 comentários :

Danos a túa opinión