XII Foro Encrucillada


Redacción


A Asociación Encrucillada celebra o seu XIII Foro de debate o vindeiro sábado, 8 de novembro, no Auditorio de Galicia en Compostela.

Nesta ocasión, renderase homenaxe a Agustín Díaz Blanco "Tintxu", xornalista de TVE-Galicia finado o pasado mes de marzo e vencellado a Encrucillada.

O Foro contará coa presenza de Xosé Manuel Caamaño, profesor de teoloxía da Universidade de Comillas, o teólogo Andrés Torres Queiruga, Xulio Lois Fernández, presidente da Asociación de Teólogos Xoán XXIII e Isabel Gómez Acebo, directora da colección En Clave de Mujer.

04/11/2008

0 comentários :

Danos a túa opinión