Cultura galega tamén no Nadal

Redacción

A campaña "A cultura que facemos escóllea no Nadal", organizada pola Consellaría de Cultura da Xunta ten por principal obxectivo contribuír a dar visibilidade aos produtos culturais galegos e lograr que os produtos culturais galegos (libros, discos e filmes) estean entre os elixidos á hora de adquirir os regalos de Nadal. Con este propósito esta fin de semana iníciouse en 300 librarías e quioscos e 70 tendas de discos de toda Galiza, onde se colocaron elementos que identifican os espazos nos que se sitúan os libros, CDs e DVDs galegos. Distribuiranse ademais materiais de regalo para as persoas que adquiran produtos culturais galegos: cadernos de notas e discos compactos cunha recompilación de temas de grupos actuais de xéneros como o folk, o rock e o pop.

22/12/2008

2 comentários :

  • A pesar de ser antivilalbés, de odiar profundamente todo o relacioado con Vilalba, de pensar que un pobo sen futuro, de que ser vilalbés é sinónimo de ser un ser profundamente despreciable e a pesar de HABER NACIDO EN VILLALBA, felicitovos o Nadal a todos o villalbeses e villalbesas, que se diría en linguaxe políticamente correcto.

    Xan do Muiño

    PD. Se vos portades ben, tamén vos felicitarei o Aninovo

    18:31 do 23 de decembro de 2008

  • Como VILALBÉS que mora nesta Terra Chá, e inda que son ateo quero desexarlle a XAN DO MUIÑO parabèns nestas datas de remate de ano e comezo de 2009.
    Sinto que non esteñas connosco, para ollar un pouco o día a día da nosa vila, hoxe máis Emigrante ao tempo que multiracial pola presenza notoria de inmigrantes.Pode que é o único que cambiou, pero fai a vila máis cosmopolitiña.
    O resto comprenderás que segue a ser como sempre, unha rutina que xa raia, outro pouco de frío invernal, ó igual que a política derrotista e amiguista de quenes dirixen as nosas vidas dende tempos jurásicos, os Vilalbeses non parece que teñan anceios de cambios polìticos que milloren a xa de por sí precaria situación do noso povo.Algún día virá quen traiga aire novo para sentir a frescura de un povo que resiste dende xa hai tempo na UCI.
    Aproveito para lle mandar aos nosos veciños os mellores desexos para o ano novo e que os deuses nos señañ propicios dende este principio de invernía.Agardo que chegue unha primavera na que despertemos con máis fortaleza que a actual, e poidammos ver a Vilalba como unha vila que é realmente, a do amencer, espertando das néboas invernais.
    PINCHORLA

    19:30 do 25 de decembro de 2008

Danos a túa opinión