Aviso para navegantes


Moncho Paz

A poucos días da toma de posesión de Barack Obama como 44º presidente de Estados Unidos, todo parece indicar que o comezo do seu mandato non vai ser precisamente doado. A resposta desproporcionada de Israel á provocación de Hamas pode interpretarse como un “aviso para navegantes”, unha mostra de que o statu quo en Oriente Próximo está lonxe de mudar tras máis de seis décadas de conflitos.

As recentes intervencións de Bush e a relación especial de Estados Unidos con Israel son outro impedimento para unha solución pacífica, tendo en conta o seu dereito de veto en Nacións Unidas e a ineficacia dos gobernos occidentais para frear os ataques.

A futura Administración Obama-Biden recoñece a súa preocupación; está formando un equipo de asesores integrador, unha mistura de experiencia e novas ideas. Tamén acaba de poñer en marcha en Internet o portal change.gov, dividido en catro grandes áreas (Novas, Axenda, Blog e Perfiles). Quero pensar que a máxima de Lampedusa de “é necesario que algo cambie para que todo siga igual” non será de aplicación nesta ocasión. Yes, we can.

______________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e xornal.com

08/01/2009

1 comentários :

Danos a túa opinión