Dicionario de Cine de Galicia

Redacción

Santiago de Compostela acolleu a presentación do Dicionario de Cine de Galicia 1896-2008 que, xunto co libro Rodado en Galicia e o Catálogo dos Actores e Actrices Galegos, constitúen as tres grandes obras de referencia do audiovisual galego. O Dicionario do Cine de Galicia foi concibido como obra de referencia na bibliografía audiovisual galega e recolle en máis de 600 páxinas os centros de nomes de profesionais galegos que en máis dun século de cine, mantiveron e manteñen relación coa sétima arte tanto en Galicia como noutras cinematografías, incluído o cine de Hollywood. O volume constitúe, xunto con Rodado en Galicia e o Catálogo de Actores e Actrices de Galicia, unha das tres grandes obras de referencia do audiovisual da comunidade. Xunto co secretario xeral de Comunición, Fernando Salgado, no acto estiveron: o director xeral de CRTVG, Benigno Sánchez, un dos coordinadores do volume, Miguel Anxo Fernández, e o director de Acción Social de CaixaGalicia, José Manuel García Iglesias.A publicación recolle dúas novidades con respecto ao volume inicial. A primeira, polo que supón como principal engadido, é a nutrida incorporación de voces correspondentes ao gremio actoral, que, desde o ano 2000, non só atopou producións nas que amosar a súa capacidade profesional, senón que ademais está a acadar forte repercusión máis alá do linde galego. A segunda, a constatación da Televisión de Galicia como un dos principais motores do audiovisual, tanto en produción propia como concertada a través de teleseries, tvmovies e longametraxe. Ademáis, neste mesmo eido, o martes 3 de febreiro o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, participará en Madrid na presentación do catálogo dos actores e actrices galegos da AAAG na Fundación AISGE. Un acto que contará coa presenza da propia presidenta da institución, Pilar Bardem, así como cun elenco dos actores máis coñecidos da comunidade como María Castro, ou Camila Bossa.

30/01/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión