Estudos migratorios

Redacción
O novo número da revista Estudos Migratorios, "Galegos e tanos", foi presentado o pasado 13 de xaneiro na sede do Consello da Cultura Galega por un dos secretarios de redacción da revista, Xosé Manuel Núñez Seixas, e polo vicerreitor de cultura e publicacións da USC, Elías Torres. Con el a publicación, que conta con 16 números publicados desde o ano 1992, inicia unha nova etapa, na que a revista se fornecerá da especialización do Consello e da dimensión universal da Universidade de Santiago de Compostela ofrecendo unha perspectiva multidisciplinar da emigración e que xorde da mestura da análise e a reflexión realizado desde Galicia. O último número de "Estudos Migratorios", dedicado ao profesor da Universidade de Vigo, Alexandre Vázquez González, falecido a principios de novembro e que se encargou de coordinar a súa redacción, está recoñecida pola European Science Foundation e amósase coma unha revista competitiva no ámbito internacional.

21 de xan. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión