Reparación de retablos e pinturas murais en igrexas e mosteiros galegos

Redacción

Recentemente a Consellaría de Cultura e Deporte investiu 2.376.000 euros na rehabilitación de 176 retablos ou pinturas murais en capelas, igrexas e mosteiros espallados pola nosa xeografía. Gran número destas intervencións realizáronse en igrexas parroquiais, boa mostra do valor artístico que atesoran, non só exclusivo dos grandes mosteiros.
Precisamente, dúas das intervencións de maior contía realizáronse en igrexas parroquiais. Entre elas destaca a igrexa de San Cosme de Outeiro, en Outes, na que Cultura investiu 68.500 euros para restaurar o retablo maior da Asunción e solucionar as humidades da súa base pétrea. Outro templo que recibiu unha inxección importante de cartos foi a de Santa María do Camiño, en Muros.
En 2007, Cultura destinou 46.000 euros para a reparación do seu retablo maior e dos laterais.No tocante aos mosteiros, a actuación máis importante realizouse en Santa María de Montederramo, cun total de 66.000 euros destinados á recuperación dos retablos do cruceiro e da nave da igrexa.A seguinte intervención de entre as máis relevantes é a realizada en 2005 no Mosteiro de San Martiño de Xubia, en Narón. Neste templo investíronse 37.500 euros para recuperar as súas pinturas murais e retablos.
Un bó exemplo podería ser o templo de Barcia de Mera, datado no século XVIII, que contén sete retablos de gran valor artístico. Un deles, de estilo barroco, preside o altar maior, e os outros distribúense entre o corpo da igrexa e as capelas laterais. As labores de reparación, que se efectuaron en 2007 e 2008, consistiron na limpeza dos depósitos de po, eliminación de elementos alleos e desinfectación. Ao mesmo tempo se reforzou a estrutura do retablo así como os elementos de suxeición ás paredes da igrexa. Na intervención tamén se analizou o estado da cor deste elementos, para fixar e protexer a variedade cromática das súas pezas.Estes traballos realizáronse grazas a un convenio de colaboración por valor de 150.000 euros, dos que a Consellaría achegou o 60%, mentres que o Concello de Covelo e o Bispado de Tui-Mondoñedo, financiaron o 40% restante a partes iguais.

26/01/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión