Seguridade nos polígonos industriais


Xulio Xiz

O tema da seguridade das instalacións comerciais e industriais sempre está de actualidade, e agora póñena de novo en primeiro plano os membros da Asociación de empresarios do Polígono de Vilalba que plantean a necesidade de incrementar a vixiancia durante as noites para evitar roubos e danos nas instalacións.

O problema existe noutros moitos lugares e en Mos – Pontevedra, por poñer un exemplo, diante do aumento dos roubos os empresarios téñense dirixido á subdelegación do Goberno para que dote de efectivos abondos as concentracións empresariais por estar en zonas alonxadas e necesitadas de atención.

En Lugo, no polígono do Ceao foi un tema que se planteou hai moito tempo por parte da Asociación de empresarios, e a mediados dos anos noventa contratouse a vixianza cunha empresa privada co que durante as noites hai un vehículo cun vixiante recorrendo as rúas do polígono, en contacto coa policía municipal.

O problema que se planteou en Lugo daquela era que non todos os industriais pagaban a súa cuota de vixiancia. E así, uns pagaban o servizo e outros disfrutaban del gratuitamente sen que o vixiante fixese ou pudiese facer diferencias entre uns e outros.

Plantéase en Vilalba un servizo de vixianza con cámaras que serían colocadas nas vías de acceso ó polígono co que se detectaría calquera entrada de vehículos ou persoas en horas desusadas. Descártase polo seu custo a vixianza directa. De todos os xeitos a vixianza a través de cámaras require dunha atención complementaria con outro tipo de persoal porque do contrario o tema só valería a posteriori, repasando as gravacións obtidas despois de que se producira calquera actividade delictiva.

O ideal sería que un polígono coma o vilalbés estívese totalmente pechado e entradas e saídas se efectuasen por lugares debidamente vixiados e controlados, pero un servizo así é inasequible para os industriais afectados, alomenos por agora. Tempo chegará en que o poder das empresas permita este reforzo da seguridade. Porque pouco a pouco estas instalacións alcanzan unhas dimensións económicas moi notables que requiren servizos comúns, e cada vez irá a maís porque a tendencia é a de retirar dos núcleos habitados as industrias e talleres, máis se reúnen características como para ser incluídas entre as actividades molestas, nocivas, insalubres ou perigosas.

Cando hai uns días crucei o polígono puiden observar as dimensións de moitas das súas empresas e o transporte que circulaba polas súas rúas. Xa temos un polígono empresarial moi importante, e máis que o será no futuro.

Eu coido que o polígono vilalbés medrou con bastante máis velocidade que o lucense do Ceao que naceu hai trinta e tantos anos e a comezo dos noventa aínda había problemas para conseguir lineas telefónicas, e o abandono dos poderes públicos era evidente.

Os últimos anos para O Ceao foron os da impulsión definitiva e ampliación de superficie. O mesmo vai pasar co polígono vilalbés que moi axiña vai contar cunha estación da Inspección Técnica de Vehículos e co futuro parque de bombeiros, e a súa superficie vai ser considerablemente ampliada.

É o momento de pensar na seguridade colectiva das instalacións, e nese aspecto ten que haber colaboración dos organismos oficiais e os particulares. O concello coa súa policía local deberá colaborar na vixianza, a garda civil exercerá as competencias que a Lei designe, e os empresarios han de aportar a súa forza para conseguir o control que se pretende. E mesmo as Axencias de seguros con intereses na zona poden colaborar nun sistema que lles vai evitar importantes pagos no caso de actividades delictivas.

A todos interesa a seguridade, e todos debemos involucrarnos nela.

29 de xan. de 2009

12 comentários :

  • ¿Qué farías ti no polígono, Xulio?. Bouche dar conta de que estamos a crear unha asociación. Liga Cabreados con Xulio Xiz (LICAXIZ). Non consideramos que seas vilalbés nen chairego. Como dixo Arzalluz, que é máis vilalbés e chairego ca ti: "Euzkadi é nosa e de ninguén máis". Coa Terra Chá sucede o mesmo: "A Chaira é nosa e de ninguén máis". Non sentimos que sexas chairego nin ti, nin Rouco Varela, nin Fraga Iribarne, nin Dario Villanueva, nin tampouco ese pseudoembaixador do capón que ven máis veces ca ti por Villalba e que di chamarse "un tal Domingo Goás". Agardamos que agora leas de cando en vez o xornal dixital A Voz de Vilalba e te enteres un pouquiño desa vila da que xa estou moi alonxado xeográficamente, aínda que espiritual e familiarmente me sinta moi vencellado á mesma, algo que non che sucede a ti nin a eses "embaixadores de Vilalba".

    17:07 do 29 de xaneiro de 2009

  • Ben pouco tedes que facer os "LICAXIZ", non tedes outras preocupacións?
    Por certo, pregúntome quen te cres que eres tí, para dicir quen é ou quen non é vilalbés.

    Outra vilalbesa na distancia, pero tan chairega como Xulio

    09:56 do 30 de xaneiro de 2009

  • Pois eu non son de LICAXIZ, peero algo de razón ten o Anónimo anterior, en Vilalba o que sobran son embaixadores.Temos falta de alguén que troque a apatía e a desilusión, en aire fresco, para sentirnos si cabe máis Vilalbeses, máis defensores da Chaira, que veñan tempos de esa liberdade que nos faria sentir máis gozosos con nós e cós demáis.Alguén que fartara a Vila de ledicia, esa que se nos vai cada vez que alguén coñecido, tense que trasladar a lugares lonxanos para vivir coa dignidade que nos debería corresponder a todos e cada un de nós, pois na actualidade ficamos en punto morto, e non é da crisis non, é daqueles que todos coñecemos e que inda que señan unha maioría, non por iso son mellores nin peores, senón todo o contrario.En todo caso este é un pobo que medra en sentido contrario ó que debera, pero non é de estranar, pois lembro que un persoeiro do cal non lembro o nome, pero fixera unhas manifestacións que escandalizaran as xentes do pobo,Escribeu un libro no que definira a Vilalba, (como un lugar do cal non quería acordar o seu nome).Pois o caso é que todos os de "boa familia como él" o criticaron moito, pero pasado o tempo ese home que non lembro o nome, e que lle puxeron de alcume "O Paxaro Bobo", veu a dar un ano o Pregón do San Ramón.
    E que somos así, é o que hai.
    Supoño que Xulio Xiz o lembrará por motivos obvios.
    FENDETESTAS.

    11:38 do 30 de xaneiro de 2009

  • Non teño trato con Xulio Xiz, ao que coñezo únicamente dos pregóns das festas, aínda que hai tempo que paso de ir a unha cerimonia repetitiva, aburrida e decadente.
    Sen embargo, paréceme que esta campaña que se está a ver pola Voz de Vilalba é desmesurada e está fora de lugar. Non se lle pode negar a ninguén o dereito a amar a terra onde naceu, e máis aínda cando este home ten feito tantas cousas en prol da nosa cultura.
    A min tamén me obrigou a procura dos garbanzos -e, todo hai que dicilo, o caciquismo- a marchar, e non por iso vou esquecer o meu solar e deixar de amalo.
    Aínda que non concorde ideolóxicamente con XX, creo firmemente nunha sociedade plural e por iso defendo o seu dereito á saudade, a eses -parafraseando a Pilar Maseda- libres pensamentos dende a Porta de Cima.

    I. D. Castro

    16:38 do 30 de xaneiro de 2009

  • Hai persoas, como Xulio Xiz, que sempre amosaron interese pola cultura. Hai outras persoas, menos interesados pola cultura, que sempre se situaron nun plano comparativo e iso non é bo. Tras ese comportamento cecáis se escude a envexa tan propia dos lugares pequenos. Vaia o noso apoio a Xulio Xiz e que siga escribindo moitos anos. E vivan os chairegos ilustres, embaixadores ou non.

    Rosa de Lanzós

    19:33 do 1 de febreiro de 2009

  • Penso que non existe ningunha campaña contra Xulio Xiz. El está a provocar que lle contesten os lectores, que teñen dereito a opinar. Todos os comentarios que aquí se fan son respectables, pero engadir algunha consideración. Non creo que exista esa plataforma LICAXIZ. Seguramente se trate dalgún dos moitos cachondos que hai pola nosa terra, que lle puxo unha pinga de retranca moi acertada. É un xeito sutil de opoñerse a ese chaireguismo e vilalbesismo oficial e oficialista co que non comulgamos moitos, entre os que se encontra o amigo FENDETESTAS, ao que lle mando os meus parabéns polos comentarios que fai en moitas ocasións, amáis de ser, polo que podo deducir, de ser un coñecedor da realidade vilalbesa en profundidade. Dicía, FENDETESTAS, hai algúns días que a él lle gustaba a promoción da nosa tradición, aspecto que comparto plenamente, e, ao igual que él tamén estou de acordo que hai moitas persoas que se poñen os galóns, fan a representación e levan as medallas, mentres que os que están a pe de obra ninguén se acorda deles. Lembro que Xiz usou este xornal para atacarlle as persoas que lle criticaban os seus artigos. Agora non ten de que queixarse. Tamén temos que aguantar con esa sorna diaria e a retranca para vivir mellor. Eu tamén estou fora de Vilalba, pero pásome media ducia de veces pola terra, cunha estadía de 20 días en épocas estivais, coincidindo coas nosas festas. Alí impera a oficialidade oficialista, penso que se me entende. Para rematar, mentres o señor Xiz sega falando do "puro de máximo calibre" de Agustín Baamonde e nos veña a falar da "nai do obispo de Lugo", con todos os meus respectos para esa señora que é toda unha dama, polo que me contaron, xa que na coñezo. Mentres Xulio faga o "xornalismo anecdótico", ataque aos seus lectores, sea o voceiro do oficialismo, vai recibir moitas críticas, con retranca ou sen ela, pero entran dentro do normal. Sen ir máis lonxe o meu seudónimo puxéronmo os meus alumnos de ESO fai uns dez anos, que aludía a un pobre home que viveu na zona onde resido e que era un ser marxinal fai máis de tres décadas. Os meus alumnos acertaron de pleno. Convido ao primeiro comentarista e a Fendetestas que sigan coa súa retranca, sen a que a nosa vida sería moi aburrida. Hoxe non fixen uso dela porque a veces non sempre se está de humor para levala adiante.
    Sds. para todos e loitemos porque a TRANSICIÓN DEMOCRATICA chegue a nosa Vilalba.

    XAN DO MUÍÑO

    10:33 do 2 de febreiro de 2009

  • ESTOU VENDO AS VOSAS LIORTAS DENDE A BARREIRA E NON TEÑO O PRACER DE CONOCERVOS A NINGÚN PERSOALMENTE. SIMPREMENTE QUERO EXPRESAR A MIÑA OPINIÓN QUE CONSIDERO BASTANTE OBXETIVA: TODOS VOS CONSIDERADES EN DREITO DE XUZGAR, NOMEAR, CRITICAR QUEN É OU NON É VILALBES, PERO NA RECENTE HISTORIA DO POBO, A CAL COÑEZO BASTANTE BEN POR ACTIVA E POR PASIVA, NON VOS VIN A NINGÚN PRESENTAR ALTERNATIVAS OU, O QUE ME PARECE MAIS GRAVE, INICIATIVAS PARA FACER ALGO. CREO QUE UN DOS PRINCIPAIS PROBLEMAS DESTE POBO E QUE PARA CRITICAR, POÑER TRAVAS, ENTORPECER, ETC, SEMPRE HAI XENTE, PERO PARA FACER CALQUER TIPO DE COUSA NON VEXO EU TANTA. POR ÚLTIMO PREGUNTOME ¿POR QUÉ TODO SE POLITIZA?, NAIDE PODE FACER COUSAS PORQUE SI, ¿POR QUE OS CRITICOS O PRIMEIRO DEFECTO QUE VEN E DE ÍNDOLE POLÍTICO?, ¿POR QUÉ NON SE VEN PRIMEIRO AS VIRTUDES. ASI NOS VAI.

    17:21 do 2 de febreiro de 2009

  • Xulio Xiz ten o mérito que ten, como todo o mundo, o que pasa é que a Xulio Xiz só se lle ve, como o Gudiana, de vez en cando, e en Vilalba cando precisamente máis se ve é épocas festivas, e normalmente presentando actos do tipo do Pregón do San Ramón e dase o caso de que en Vilalba de sempre gobernou o PP, é un estigma que ten e que xa non se pode obviar.Supoño eu que a súa foi unha reacción visceral cando dende A Voz de Vilalba recriminou en ton saido aos comentarios de quen opinan no Blog.
    Na miña humilde opinión Xulio Xiz pasouse, tendo en conta que él sabe que podía pasar algo así, xa que todos non opinamos do mesmo xeito, e cadaquén ten unha versión según o que coñece e escoita ou lee.
    Ó pensamento único non existe tampouco na Chaira, afortunadamente, pois si de algo se trata neste Blog é precisamente verter opinións, que non teñen que coincidir coas de outros, pero trátase de chegar a un punto de encontro nas discusións e aprender os úns dos outros.
    Dende logo o que non se pode e facer o que fixo Xulio Xiz, que se queira ou non, utilizou un xeito pouco revente, e que así o debería entender él.

    20:29 do 2 de febreiro de 2009

  • Si se politiza todo será porque hai a quen lle interesa, o problema aparece cando son os de sempre os que politizan a vida, claro que sí.Pero non son os que NON GOBERNAN, os que a politizan sinon os que están a dirixirnos dende as alturas de unha "Silla de Concello", que curiosamente teñen a misma opinión de quen escribe que non hai alternativas; pois non é certo sí hai alternativas só que sempre tratan de matalas de pequeniñas como o chiste do "tren".Pode que tí que escribiches eso presentaras alternativas, e pode que tamén eu estivera a favor delas, máis intuio que eres dos que define Xan do Muiño como "Oficialidade Vilalbesa", e voltamos ó punto de partida......a politizar.E que a vida é así que lle imos facer.
    Por certo, o anterior escrito tamén é meu.

    FENDETESTAS

    20:47 do 2 de febreiro de 2009

  • Bueno soy un modesto joven de este querido pueblo, en el que no entro en comentarios como los publicados, pero si me gustaría entrar a valorar la noticia del polígono.

    Como experto en la materia de seguridad, comentar que la busqueda de una solución sin contar con la colaboración de asesores cualificados puede llevar a cometer errores que puede que pagen todos.

    1º. La idea de las famosas cámaras no creo que pueda cumplirse, ya que no es viable, no por la falta de dinero sino porque es ilegal grabar los accesos a los poligonos, ya que las vías de accesos son públicas y no privadas, solo en el caso de polígonos privados se pueden colocar, añadiendo que por este poligono pasa una carretera comarcal.

    2º.Las cámaras no pueden grabar acciones privadas ni vehículos que pasen por el poligono, ya que conllevaría su posterior denuncia a Portección de Datos.

    3º. El control de las cámaras deber ser realizado por un profesional (Vigilante de seguridad), ya que son las únicas personas por ley autorizadas para ver las imágenes grabadas, no vale cualquier persona sino estarían imcumpliendo la ley.

    4º.La contratación de vigilantes de seguridad para el control del poligono es de entre las peores las mejor opción aunque poco eficaz en los delitos que habitualmente se cometen en poligonos, ya que tanto la profesionalidad del delicuente y la rapidez del robo los hace ineficaces ante los ladrones, pero sirven como disuasión.

    Como alguna medida de solución, es que cada empresa realice sus propias obra de adaptación en seguridad en sus instalaciones ya que en el poligono sete Pontes muchas empresas carecen de alguna medida y lo que no puede ser es que unos paguen la seguridad de otros; otra sería renegociar con los seguros las polizas después de mejorar las instalaciones; implantar medidas que detecten al delincuente antes de que entre en las instalaciones no cuando ya este dentro (medidas perimetrales); así como otras medidas que se pueden adoptar como pueden ser una iluminación de calidad ya que es más importante que unas cámaras de seguridad.

    Bueno, que lo más importante es coger a un profesional de la seguridad y que realice un Plan Integral de seguridad para este Polígono (el cual analizara todas las condiciones), y no atender a lo que una empresa de seguridad te venda ya que ellos no se hacen responsables de lo que grabes con las cámaras o de lo que pase con las mismas.

    23:32 do 3 de febreiro de 2009

  • En relación ao asunto que plantexa Xulio Xiz, penso que está afastado da realidade. Non se pode comparar o crecemeno do Polígono de Vilalba co do Ceao, en Lugo. Xa vemos o número de empresas que están emprazadas en calquera dos dous. Entramos nunha discusión estéril, a máis de ver como se están a instalar as empresas noutros concellos próximos que tiveron a delicadeza de ceder máis solo industrial. O que me parece máis desprociado de canto escribe o señor Xiz é meter o Polígono de Mos, polo medio. Non sei se o sabe, eu si, porque son un vilalbés que reside en Vigo. A localidade a que vostede alude está a tan só 10 quilómetros da cidade olívica, a máis industrial de Galicia e unhas das que xenera máis emprego na zona do Noroeste peninsular, polo que calquera comparanza co polígono de Mos paréceme unha esaxeración e un despropósito. En relación ao asunto da seguridade remítome ao anterior anónimo, que é unha persoa que sabe do que está a falar por profesionalidade, asunto xa do que non teño nada que aludir. En canto ao señor Xiz non teño a sorte de coñecelo persoalmente. Como esta é a terceira vez que escribo neste medio teño que amosar a miña disconformidade pola actitude que mantivo cos lectores. Non todos temos razón, pero merecemos un respecto. Polo tanto calquera crítica ou comentario débese interpretar en sentido positivo, xa que nos axudan a todos a saber un pouco máis.

    SANTABALLÉS DE VIGO.

    17:34 do 4 de febreiro de 2009

  • Supoño que alguén tenlle que dar as Grazas ó rapaz que desmenuzou polo miudo o tema da seguridade nos Poligonos Industriais, coido que é interesante a información que aporta para quen teña intereses no Polígono.
    GRAZAS RAPAZ.

    FENDETESTAS

    17:47 do 5 de febreiro de 2009

Danos a túa opinión