O PP destitúe ao seu candidato por Ourense a poucos días de comezar a campaña

Alinhar ao centroRedacción

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, decidiu apartar ao número un por Ourense e "home anti crise" do partido, Luís Carrera Pasaro -na fotografía- ao non estar "ao corrente coa Facenda pública", segundo informa a edición dixital de Xornal de Galicia. O candidato popular á presidencia da Xunta asegurou que descoñecía este feito no momento de incluir a Carrera nas listas do partido. Feijóo comunicoulle a decisión esta mañá ao ex candidato por Ourense, quen asegurou xa ter “subsanada e ingresada na facenda a cantidade pendente”.

“A súa situación pode ser legal, pero non representa a conducta que desexo para a rexeneración democrática de Galicia”, insistiu Feijóo. Fronte a esta versión, a Cadena Ser revela que Carrera presuntamente tería cobrado unha comisión do Banco Privado Portugués por 240.000 euros. Segundo esta emisora, o popular era representante da entidade financeira e ademais buscaba inversionistas e recomendaba investimentos.

O líder do PPdeG amosouse convencido de que "é necesario un proceso de rexeneración democrática, tanto entre os políticos como entre as institucións, e por iso non me tremeu o pulso en tomar esta decisión”. Feijóo aclarou que a decisión de apartar a Luís Carrera xa foi transmitida á Xunta Electoral Central, de tal xeito que a cabeza de lista por Ourense pasa a ser ata o de agora a número dous, a concelleira do PP en Verín, María del Carmen Pardo.

06/02/2009

4 comentários :

  • La CARRERA de este PÁJARO sorprende a propios y a extraños, después de haber sido presentado como candidato estrella por los populares del birrete, a pesar de las reservas de Baltar. Por cierto, éste último debe estar echando cohetes.

    20:29 do 6 de febreiro de 2009

  • Home, eu non sei se o Baltar quería que se fose Carrera ou non. O que teño claro é que o que lle gustaría é que se fose Feijóo; proba delo foi a resposta que lle deu o outro día a un xornalista. Preguntado por cando deixaría a política, respostou: "Cando Feijóo sexa presidente". Non ten retranca nen nada este Baltar.

    KENINDIOLA

    20:32 do 6 de febreiro de 2009

  • Bien por el Sr. Feijóo, que no le ha temblado el pulso a la hora de tomar esta decisión, que no ha debido resultarle fácil. Es un buen comienzo para recuperar el poder en la Xunta. Con hombres como Feijóo no se estaría realizando la política del despilfarro a la que nos ha tenido acostumbrados el bigobierno durante cuatro años. Bien por el PP


    Un hombre de Lugo

    21:17 do 6 de febreiro de 2009

  • Hombre de Lugo, non te tires sin flotador á piscina, que xa ves nos xornais como están caendo por todo o estado cargos do PP por corruptos e como é lóxico tamén caen en Galicia, ou non te lembras do alcalde do Vicedo, que ahora está desaparecido, que non invisibel.
    E ademáis Vde cré que Feijóo non sabia que pirata poñia de candidato?
    Si quere Vde. ser serio faga reflexións acordes có que pasa.

    FENDETESTAS

    10:57 do 7 de febreiro de 2009

Danos a túa opinión