Nace o portal Galeguizar Galicia


Redacción

Auspiciado pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüísitica, a Irmandade Xurídica Galega, a Fundación Lois Peña Novo, a Asociación de Amigos do Couto Mixto, a Asociación Álvaro de las Casas e o Foro Enrique Peinador, o portal Galeguizar Galicia nace coa intención de dinamizar en distintos ámbitos políticas lingüísticas que contribúan a normalizar o noso idioma en ámbitos decisivos e mesmo inéditos.

Para os impulsores da iniciativa, a conciencia identitaria dos galegos debe ser animada polas institucións públicas e polos sectores máis dinámicos da sociedade, estimulándoa con iniciativas e propostas atractivas para provocar unha maior autoestima e conciencia de País, xa que, entenden que calquera política que pretenda soerguer os esteos da nosa identidade debe abranxer tódolos aspectos que configuran a realidade para implicar á totalidade dos sectores sociais.


10/03/2009

4 comentários :

  • Veo que tenéis baja la autoestima.
    Lo comprendo.
    Lo que no comprendo es por qué habéis elegido estos ejercicios tan raros para mejorarla.

    17:24 do 14 de marzo de 2009

  • Mal asunto el que basa su autoestima en un hecho que no tiene merito alguno: haber nacido aqui o alla es cosa del azar.

    Prefiero basar la autoestina en mi capacidad de ayudar a que mi projimo , sea gallego, de Bilbao o de Africa.

    Ademas, he descubierto que cuando alguien me convence de algo,evitandome un error, sea gallego, andaluz o negro, me siento yo mismo, mas feliz.

    00:12 do 15 de marzo de 2009

  • A autoestima non se basa en nada concreto, ben a ser o que un pensa sobre sí mesmo e a capacidade que ten de afrontar as vicisitudes que lle veñan enriba.Seña como seña a autoestima non é nada concreto, o tempo que tampouco é allea ao contorno; neste senso hai moita autoestima baixa no sentido de aceptar ou non aquelo que nos influe a cotío.É o caso do galego que non admite a lingúa propia, ou os costumes da cultura galega, asimilando antes, por motivos que eu non chego a entender moi ben,roles máis de outras culturas, pero que veñen da imposición das normas de vida que nos marcan dende que nacemos, o ben o mal, o sano o insano, as emocións, os estimulos externos...etc; no que atinxe aos Galegos notase como a influencia de culturas alleas, que non teñen que ser millores, sí van socavando o ser ou non ser da nosa existencia como pobo cohesionado.
    Toda iniciativa que leve a non perder as señas identitarias deben ser ben recibidas.
    Despois cada un vai actuar, según e como reciba a información, que vai ser a que lle marque a súa actitude ante a vida e naturalmente ante as persoas.
    Dito o anterior é notorio que independentemente da cultura que se teña, o ser humano actúa según a súa autoestima e conviccións, seña da raza, relixión,clase, ou sexo ó que pertenza.
    A grandeza do humano reside en aceptar ó contrario, que non ten que ter necesariamente unha autoestima equivalente.
    A actitude ante a vida é a que nos une, pero tamén a que nos separa.
    A felicidade reside moito na autoestima, e non é facil conquerila.

    11:50 do 17 de marzo de 2009

  • O do comentario anterior son eu:

    FENDETESTAS

    11:52 do 17 de marzo de 2009

Danos a túa opinión