O galego na Expolingua de Portugal


Redacción

A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa ata mañá venres na décimo novena edición da Expolingua de Portugal, que se desenvolve no Centro de Congresos de Lisboa. A Xunta de Galicia, que acode a esta cita de xeito ininterrompido desde hai anos, conta cun expositor no que lles ofrece aos visitantes información sobre os cursos de galego para estranxeiros que se imparten en Galicia, recursos e materiais que se poden atopar en lingua galega no mercado nestes momentos, datos sobre a historia e a situación actual do galego, e información relativa ás publicacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades así como sobre a rede de proxección exterior da lingua galega.

A Expolingua de Portugal é un espazo no que se dan cita axentes de diferentes países relacionados co ensino e a aprendizaxe das linguas, entre os que se atopan editoriais, institucións públicas, escolas de idiomas, tradutores e intérpretes, entre outras moitas entidades. Nesta edición, os organizadores da feira elixiron como convidada de honra a lingua portuguesa e a lusofonía.

O acceso ao recinto é gratuíto, e o horario no que se poden visitar os expositores e participar nas actividades programadas é de 10 a 19 horas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística organizou uns cursos rápidos de achegamento á lingua galega, que se impartirán hoxe xoves e mañá venres a partires das 16 horas no expositor da Xunta de Galicia e nos que calquera persoa que o desexe poderá familiarizarse coa pronuncia de palabras en galego. O lector do Centro de Estudos Galegos de Lisboa, Miguel Arce, será o encargado de impartir estes cursos.

Os organizadores da Expolingua lusa prevén rexistrar este ano arredor de 10.000 visitas. No Centro de Congresos de Lisboa déronse cita nesta ocasión preto de medio cento de expositores. Esta exposición, a máis importante destas características que se realiza en Portugal, está dirixida a todo tipo de públicos, aínda que nela participan de forma especial estudantes e profesores de ensino secundario.Actividade do Centro de Estudos GalegosPor outra parte, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa organizou unha exposición, que leva por título “Historia dunha emigración difusa”, do realizador Xan Leira, na que se fai un percorrido por 500 anos de historia da emigración galega á Lisboa. Esta mostra poderá ser visitada ata o vindeiro 20 de marzo.

05/03/2009

2 comentários :

  • A decir verdad y por lo que he pasado por ahí, aprovecho la ocasión para mostraros mi disgusto de lo que no debe ser un pueblo como es Villalba. Habeis extraído las mas puras esencias del ser humano, estáis en las antípodas de la cultura y por si fuera o fuese poco habéis retirado la placa en honor a Vuestros Caídos de la Iglesia, haciendo así un flaco favor al homenaje de quien lo entregó todo por vosotros. Así sois los villalbeses?, personas con escaso sentido común, menor memoria histórica, que esa si es historia y ofensivos con los sentimientos patrios más puros. Me avergüenzo de ser originario de una localidad que de cuando en vez demuestra terribles infamias contra sus hijos.

    JORGE ESPARZA CARRACEDO. MADRID

    16:42 do 6 de marzo de 2009

  • Mira JORGE, eu son do monte e estou farto de pelexar coa xente da aldea.
    Si non estás contento de ser orixinario de eiquí, nin das súas xentes, nin dos seus erros os seus acertos, si sintes vergoña arrepiante como da a entender o teu escrito, telo moi facil: Non veñas, quédate en Madrid, e dí que eres madrileño que é o que transmites, non vas enganar a ninguén.
    Por certo lembra que a túa non é a única verdade.
    Por certo non vais coa mesma letanía por onde viaxes: Os Madrileños católicos teñen un Principe da Iglesia que manda sobre eles que é de Vilalba e casamenteiro de Reises, tiveron moito tempo a Fraga de Xefe do PP en Génova e agora está de volta como Senador, Rajoy é Galego, Pepiño Blanco tamén, e que decirche de Francisco Franco que foi do Ferrol.Así son de "agradecidos" os madrileños como tí, con Galicia.

    19:02 do 7 de marzo de 2009

Danos a túa opinión