Open de Arrigorriaga

Redacción

Dous deportistas da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan viaxarán coa Federación Galega de Tae Kwon-Do a Euskadi para participar no Open de Arrigorriaga. Trátase do campionato en categoría cadete mais importante que se celebra en España, despois do propio Campionato de España.

Os dous deportistas convocados son Janice López Castelo en 37 Kgr. e David Ansede Carballeira 41 Kgr. Ela vén de clasificarse como Subcampiona Galega, mentres que David, logo dun rifado empate, clasificaríase posteriormente como Campión Galego.

Desde a dirección técnica da Escola Moo Duk Kwan o obxectivo para este importante campionato, é o de adquirir experiencia xa que aínda son deportistas moi novos. Tamén o feito de que poidan valorar como é unha unha viaxe deste tipo coa Federación Galega nun evento deportivo desta alta calidade. Coma un obxectivo máis, tamen se agarda que Janice poida mostrar a súa validez para posteriormente ser tida en conta e poder asistir ao campionato de España.

05/03/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión