Os Pito de Pikasso o día 13 en Vilalba

Redacción

O grupo de punk-rock Pito de Picasso naceu o ano 2004 en Compostela cun obxectivo claro, facer un indiscutible e divertido punk-rock de selo propio caracterizado polas letras surrealistas de cada un dos seus temas.

Foi nunha noite fría de decembro dese mesmo ano cando os Pito de Pikasso se presentarían en A Coruña, comezando así unha rolda de concertos por toda a xeografía galega durante os dous anos seguintes, 2005 e 2006. Pero será en 2007 cando comezan con concertos relativamente importantes, compartindo escenario con grupos como: Def Con Dos e Los Suaves ou acadando a final de diversos concursos a nivel galego. Tamén foi o ano no que editan a súa primeira maqueta, chamada “O Sentido está por vir” e que recolle 4 temas que se poden escoitar e descargar no MySpace da banda.

No 2008 seguen coa boa racha de actuacións, compartindo escenario cos Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total e tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008 opéranse algúns cambios na formación, quedando finalmente así: Milo (á batería/tronco):, Miki Aceite Johnson (collón dereito/Guitarra Pajillera), Luko (capullo/ Guitarra e Voz) e Schaal (Collón esquerdo / baixo).

O próximo venres 13 Marzo poderedes velos actuando ás 22.00h no Pub Fardela de Vilalba.

10/03/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión