Promoción do deporte galego

Redacción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o día 26 de febreiro a orde do 19 de febreiro pola que se establecen axudas para a promoción do deporte en Galicia no ano 2009. Esta IV convocatoria de axudas da Fundación Deporte Galego conta cun orzamento de 1.500.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo 30 de marzo.

Unha das liñas de actuación suxeita a subvención é a que atinxe á organización de eventos deportivos en Galicia, así como a organización de actividades de interese galego orientadas ao fomento, promoción, difusión e formación da práctica deportiva (campus, congresos, xornadas formativas, etc). Poderán solicitar estas axudas aquelas asociacións deportivas que, conforme ao disposto na Lei Xeral do Deporte de Galicia, ostenten a condición de clubs deportivos, as entidades sen ánimo de lucro inscritas no correspondente rexistro de asociacións ou de fundacións da Xunta de Galicia e as empresas promotoras de eventos deportivos con domicilio social en Galicia.

A outra liña de actuación refírese á participación de deportistas galegos/as nun evento deportivo (campionato de unha ou máis probas) ou nunha actividade deportiva con requirimentos específicos (expedicións, etc). Poderán ser beneficiarios desta segunda liña de axudas aqueles/as deportistas galegos/as con licenza federativa galega en vigor nalgunha das modalidades deportivas pertencentes ás federacións deportivas galegas, así como os/as deportistas galegos/as que, aínda non pertencendo a ningunha federación deportiva galega, o nivel da competición na que participan teñan relevancia a nivel galego, estatal e/ou internacional.

Descargar a convocatoria aquí.

03/03/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión