Agardando


Antón Baamonde

De momento Núñez Feijóo non se deixa ver. Non sabemos nada dos nomes que formarán o seu goberno. O seu sixilo é natural: ata o momento en que sexa investido presidente da Xunta nada está decidido. Pénsese no que sucedeu no seu momento na Asamblea de Madrid. Así, hai que gardar as formas e os prazos.

Cando coñezamos eses nomes poderemos facernos unha idea de que camiño pretende seguir. Se vai buscar a confrontación -dende logo non vai a ser tan elegante e inocuo no trato á súa oposición como o foi Touriño- ou se intenta gobernar facendo algún xesto que vai máis aló do campo popular -aparentemente iso sería máis favorable aos seus intereses-.

A súa acción de goberno non vai a ser fácil. Primeiro, porque non PSdeG e BNG, senón as súas bases sociais, están máis crecidas do que foi o caso nunca. A diferencia de votos é mínima. Todos sabemos iso. Segundo, a crise económica, que non lle vai dar tregua. Terceiro, as xentes que cren telo levado ao poder. De La Voz de Galicia a Galicia Bilingüe, todos quererán cobrar os seus réditos. Cuarto, que PP é este novo PPdeG ? Está realmente unido? Que tensións internas poden ir aparecendo?.

Todos eses factores poden conxugarse nunha lexislatura infernal. Se a oposición non disparata, sabe manterse coa cabeza fría, non errar os tiros e interpretar axeitadamente a sensibilidade popular, Núñez Feijóo pode pasar toda a lexislatura sentindo o alento na caluga.
_________
Foto: El País

01/04/2009

4 comentários :

  • En relación ao que dí Antón Baamonde, creo que Feijóo debería estar máis que preocupado. E vixiante. Hai fontes que aseguran que algún deputado das súas filas, para algúns de grande relevancia no mundo da economía, pode saír "rá". Carne de grupo mixto.

    22:39 do 1 de abril de 2009

  • Non hai polo que preocuparse, hom. Nunca tivemos un presidente con tanto poder. Pensa que é quen lle salvou o cú a Rajoy, que tiña os días contados.

    22:41 do 1 de abril de 2009

  • Soy gallega y vivo en Madrid. A veces consulto su página, que me gusta sobre todo por los temas culturales que publican. Hace que me sienta más cerca de miña terriña, meu lar. En estas elecciones voté al PP y estoy contenta con el resultado, porque ha sido justo. Lo que me preocupa es la formación del nuevo gobierno y la posible conexión con el Opus y otros movimientos seudo-religiosos como los Legionarios de Cristo. En Madrid han invadido literalmente la Comunidad y Esperanza Aguirre se apoya constantemente en sus tecnócratas. Es gente realmente peligrosa y obsesionada con que vayas a misa todos los días, se creen con derecho a inmiscuirse en tu vida privada hasta el punto de negarte el saludo si tomas decisiones que no van con su forma de pensar. A una amiga mía soltera que quería adoptar le han hecho la vida imposible. Yo tengo pareja de hecho y según ellos vivo en pecado. Tengan cuidado en Galicia con lo que les puede venir encima, espero que el Sr. Feijoo no se equivoque aunque tengo la duda de que se pueda ver influido por su antiguo jefe y al final los discípulos del santo Escrivá de Balaguer acaben por invadir la Administración.

    A. López

    09:57 do 2 de abril de 2009

  • A.López, xa sabes votache xustamente o que escribes.En principio Feijóo vai ser do talante que explicas e vai seguir os pasos que lle indiquen en Madrid.Ou eres unha inxenua ou votaches mal, para tí e para tod@s.
    E Feijóo, realmente teno dificil ainda que haxa "rás", os motivos que aludia para o cambio de Goberno, son os mesmos que vai ter que sortear, pero con máis dificultade si BNG e PSOE fan ben as cousas, incluso pode que non chegue ó final da Lexislatura, ten o PP enriba moitos dirixentes encausados por diversos delitos por abuso de cargo, mesmo Feijóo ten varios delitos, que para min o invalidan como Presidente da Xunta.
    Tamén pode que non acabe a Lexislatura ZP, que pactou có PP en Euskadi; pódelle pasar factura a política antinacionalista, xa que non ten moitos apoios parlamentarios para conquerir maiorías estables.O futuro destripará o caos político que vivimos.

    FENDETESTAS

    11:45 do 3 de abril de 2009

Danos a túa opinión