Felicidades, ministro


Martín Seco García

Dende esta pequena fiestra chairega, onde un simple concelleiro da oposición en Vilalba e membro da minoría actual no PSdeG-PSOE da nosa agrupación, conta aquelo que desexa que outros escoiten, gustaríame facerlle unha pequena homenaxe a este lucense de pro, comprometido co proxecto socialista dende a máis tierna xuventude e cunha vida adicada por completo ó noso partido que culmina cun nombramento que sen dúbida todos esperábamos.

Considero a Pepe ante todo, unha boa persoa e un bó amigo, e o valoro sobre todo por esta faceta que axuda a comprender ó éxito da personaxe que encerra o actual home forte do Partido Socialista .

Recordo moi ben cando o coñecín, apareceu na miña vida fai uns quince anos, acompañado polo meu pai na nosa casa, para falar conmigo cando eu estudiaba bacherelato, intentando involucrarme nun novo proxecto de Xuventudes Socialistas que por aqueles tempos estaban totalmente desfeitas na nosa cidade e que él como antigo militante intentaba revitalizar. Aínda que os seus intentos non fructificaron nun primeiro momento por ter todavía as miñas ideas revoltas, aquela conversación serviu para que despois me decidira a formar parte daquel proxecto e chegara a lideralo posteriormente durante moitos anos. Recordo, xa daquela, a súa capacidade para facer que os demais se ilusionasen por aquelo que che viña a mostrar e sobre todo recordo, o ben que nos tratou nos nosos comenzos como grupo organizado para tratar de asentar a nosa xoven agrupación local. Recordo como nos animaba a viaxar a Madrid para participar en cursos de formaciòn política e visualizaramos diferentes opinións con compañeiros doutras zonas geográficas, poñendo incluso o seu apartamento, ó carón do Congreso, a nosa disposición. Recordo a súa cercanía para axudarnos en todo momento sen pedir ningún tipo de contraprestación política a cambio, naqueles momentos duros de tormenta política que se vivían no partido en Lugo, e aínda que algúns todavía non o crean, nunca tratou de manipular a vontade das Xuventudes Socialistas para o seu propio interés como SºXeral do PSdeG-PSOE en Lugo e en liberdade convivíamos diferentes sensibilidades do partido na organización xuvenil sen que por elo diminuise a súa colaboración con todos nós. Recordo a súa xenerosidade e como nos deixaba todo aquelo que tiña sen máis necesidade que pedirllo, cartos do seu peto, o seu coche, cantas veces fun a Vilalba naquel Ford que él tiña, e todo aquelo que necesitásemos. Por suposto recordo como defendía ó compañeiro Jose Luis Rodríguez Zapatero e o seu proxecto, cando moitos dudaban das ideas que eles defendían e como traballou arreo nesa "nova vía" ata levalo a gañar o congreso onde se convertiría no novo Sº Organización. E como non, recordo como dende as altas esferas políticas e dende a lonxanía dos cargos que obstentou sempre tiña un momento para os seus amigos de Vilalba.

Ademais desta cercanía persoal o que máis destacaría do novo ministro é a extraordinaria capacidade para o traballo, incansable na súa dedicación política e a súa envexable intuición política que facía que en moitas ocasións quedase abraiado que en temas onde en teoría deberíamos estar máis versados os xóvenes, a súa posición fose a máis intelixente, unha vez observados os sucesos que acontecían posteriormente. Pero sen dúbida o que máis destacaría de Pepe é a súa capacidade de escoitar a todo o mundo e extraer desto o mellor de cada un e a inmensa capacidade para antepoñer os interesés do partido e os intereses do conxunto ós intereses de parte ou os seus propios, respetando tódalas opcións aínda que fosen minorías, non poñendo zancadillas os que pensaban diferente a él, e poñendo en valor a moitos cos que mantivo cruentas loitas no pasado pero que son de especial interese para o futuro do noso partido.

Por todo isto e co mérito dunha carreira forxada dende os pantalóns curtos como él adoita a dicir, a miña noraboa máis profunda e moita sorte porque traballo sei que non vai a faltar na súa nova laboura ó fronte do Ministerio de Fomento dun compañeiro e amigo da Terra Chá que segue a observar dende lonxe esta exitosa carreira de fondo.

12/04/2009

1 comentários :

  • Querido Martín:

    Gustame a semblanza que fas de José Blanco, a quen sempre lle chamo así e non por terceiros nomes que podan resultar insultantes. Con todo elo, sen entrar máis no fondo da cuestión, sería necesario que Blanco lembrase que efectivamente é desta provincia na súa labor ministerial. Eu, que vivo lonxe da Terra Chá, pero que levo dentro de min, observo unhas diferenzas extraordinarias dunha Galicia a outra (a interior e a litoral) e moi especialmente a do leste coa do oeste. Sería bo que fixese esquecer ao nefasto persoeiro que foi Magdalena Álvarez, tan só comparable con Sonia Verdes, para o noso país. Coido que sabes coma min que Lugo carece de conexión ferroviaria co resto de Galicia, que para ir a Santiago por autovía temos que ir a Betanzos e que aínda non hai as suficientes vías de servizo nos núcleos pequenos. Son moitas as cousas que nos antanen. Non dubido persoalmente da túa vontade persoal nin política, porque dende logo soubeches dar a cara dentro do partido, por uns ideais, por uns criterios e por uns razonamentos lóxicos aínda que logo te "acribillarán" politicamente, cousa que coido non seguiron nin persoal nin humanamente. Despois de todo recibe o meu máis cordial e agarimoso saúdo, agardando que sigas en primeira liña contra os "asaltantes" políticos que tanto dano están a facer, non só ao PSOE, senón a democracia en xeral.

    Xan do Muíño

    17:05 do 12 de abril de 2009

Danos a túa opinión