Fundacions e partidos


Moncho Paz

No último terzo do século XX os partidos políticos viron a necesidade de fortalecer a súa presenza social, e por iso naceron as fundacións vencelladas a eles. O seu principal obxectivo é fomentar o debate e a difusión de propostas, organizando cursos dirixidos a militantes e simpatizantes. Entendidas como "laboratorios de ideas", tamén tiveron protagonismo nas tres forzas políticas galegas.

No PP destacou a Fundación Alfredo Brañas, con marcada presenza durante a era Fraga, e que realizou estudos e investigacións para recuperar a filosofía rexionalista que inspirou ao pensador galego; pero dende 2007 apenas ten actividade. O BNG está a piques de celebrar os dez anos da Fundación Galiza Sempre, creada para desenvolver o pensamento político, social, económico e cultural; presidida por Beiras, esta entidade terá moito que dicir nos vindeiros meses. Pola súa banda, os socialistas galegos contaron nos últimos anos coa Fundación Iniciativas 21, que tivo especial relevancia durante a etapa de Touriño e á que algunhas voces lle pronostican pouco tempo de vida.

_________________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e www.xornal.com

11/04/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión