O BNG e o idioma


Antón Baamonde

Sabemos, despois do paso do BNG pola Consellería de Cultura, que esa organización non ten nin idea -ningunha idea nova- de qué facer con ela. Os nacionalistas sempre deron por descontado que existía unha relación intrínseca entre eles e a cultura galega, e que sobrarían as iniciativas cando chegasen a xestionala. Cando sucedeu, descubriuse que todo era fume. Non só Anxela Bugallo deu mostras de non saber que facer: en toda a Consellería, incluída a Dirección Xeral de Bará, foi posible rexistrar unha incuria total. Non había nada pensado. Nin tan siquera en relación á Cidade da Cultura. Como se a longa estadía na oposición non lles dera ocasión a pensar en nada.

Co idioma sucede o mesmo. Os nacionalistas dan por descontado que se eles gobernaran cambiaría a sorte do galego. Pero, no entanto, non se observa que teñan unha idea concreta acerca de que facer. Fíano todo ás leis. Pero as leis, aínda que podan axudar, non modifican a corrente de fondo dun país. O galego non vai a remontar a base de decretos, iso é seguro. O nacionalismo tende á sobreactuación, a instalarse na grandilocuencia, pero, á hora da verdade, non da mostras de saber que facer nin tan siquera co que segue sendo un elemento central entre os que xustifican a súa existencia.

14 de abr. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión