O ensino en galego, un dereito e un deber


Francisco López

Chorar e bo para os nervios, mais logo cumpre seguir a facer, un bo exemplo pode ser a creación dunha rede popular de escolas privadas en galego. As pasadas eleccións perdeuse a oportunidade que se abriu logo da derrota de Fraga, gañou de novo o medo, a manipulación, como cando na República os defensores dos dereitos das persoas conseguiron que as mulleres votaran, deste mesmo xeito os que traballaron con mellor e peor acerto para os mais desfavorecidos (como por exemplo as persoas dependentes) perderon o poder e as posibilidades de favorecer o avance social.

O pequeno avance que se deu na defensa da cultura e da lingua galega, co breve goberno de nacionalistas e socialistas, está a piques de estragarse. A pretensión da dereita de España de suprimir o galego nas escolas infantís, ao evitar que se avance no seu uso no resto do ensino, mesmo que a nivel xeral na administración sexa considerado como unha lingua inferior, onde o dereito a non ser atendido en galego prevaleza, actuacións que semellan ter o obxecto da uniformación española, unha España única en lingua e espírito, en onde o galego sexa tan so como o concibía Franco (e don Manuel e de paso Rajoy), un elemento de folclore.

Sabedores das intencións, cumpre poñer as solucións. Nunha páxina de internet, hai unha proposta valente: A creación dunha rede popular de escolas privadas en galego, (http://limiargalego.blogspot.com/2009/04/pola-creacion-dunha-rede-popular-galega.html). O debate está servido. Resulta que a esquerda sempre estivo polo público, pero o certo e que a dereita usa o público, cando está no poder, para consolidar as súas posicións sociais, económicas e políticas, apoiando os seus intereses privados. Una rede popular de escolas en galego, que con 3000 asociados e con un presuposto de 300.000 euros anuais, pode por en marcha unha escola infantil, que logo de ser costeada polos seus usuarios, recuperará o invertido, para poder crear outra e outra, e así deica o infinito.

Unha rede popular onde os galegos falantes, ou non, e os que aposten por un ensino laico e de calidade, poidan ofrecer aos seus fillos, as crianzas, unha formación científica que faga posible persoas formadas en valores e con unha competencia lingüística en galego, castelán, portugués, e mesmo nas demais linguas romances, uns estudantes que sairán desta rede de escolas con coñecementos de comprensión e fala noutras linguas, como o inglés, alemán, chinés, ruso.., una escola que imparta valores de cidadanía plurais e sen complexos, historia non manipulada, unha escola a vangarda do ensino científico. Unha escola en mans dos promotores, a cidadanía, por medio das Asociacións de Pais e Nais. A proposta está feita, cumpre materializala.

14/04/2009

3 comentários :

  • Gostará o autor de coñecer a opinión de quen sobor de todo discrepa, é mesmo negativiza.

    13:43 do 17 de abril de 2009

  • A idea en principio choca coa visión da esquerda de loita polo Público.Non entanto pode ser unha saída para sectores da sociedade galega, que queira que os seus fillos medren ó unisono coa Lingoa Galega e unha culturización con valores máis sociales que comerciales, (e ou ideolóxicos),éticos, e tranversales a respecto dos valores máis próximos ao ser humano.
    En todo caso, considero que sería dificil chegar a conseguir unha rede nese sentido, pois tamén eiquí se choca tanto no campo cultural, económico, como ideolóxico coa visión da política da dereita galega que agora goberna, que non faria máis que poñer atrancos, xa que como moi ben dis, a dereita usa o Público para fortalecer o Privado de seu, e non creo eu que deixara medrar unha alternativa, que en sí mesmo vai en contra dos principios de quen Goberna.Tampouco sei si a Sociedade Galega estaría preparada ideoloxicamente para soster unha empresa de tamaña envergadura, en calisquer caso, sería unha boa iniciativa, que pontualmente poderia sair adiante, para logo continuar a súa expansión, mesmo alén de Galiza; aló onde se atopan emigrados cantidades notorias de Galegos.

    FENDETESTAS

    11:50 do 20 de abril de 2009

  • Penso que haberá que buscarlle as cousas positivas e probalo antes de caer na negatividade do posible fracaso ou non apoio maioritario do noso país.
    Hai que manifestarse o 17 de maio polos nosos dereitos como galegos e por un ensino en galego, e os que gosten e ansíen non agardar a que a nosa língua non teña solución pois se reúnan e traballen xuntos en prol dun ensino en galego que fortaleza o noso idioma dende as nosas crianzas...
    Toda a actividade que xurda para afastar estas tebras que nos estan a cercar, sexan benvidas... todo o meu apoio.
    Saúdos.
    Alba.

    23:11 do 27 de abril de 2009

Danos a túa opinión