U-la cota luguesa?


Moncho Paz

Dentro dunha semana os populares galegos celebrarán o seu congreso en A Coruña. Máis que unha convención política parece unha posta en escena para dar imaxe de unidade no partido, onde afloran algúns descontentos pola falla de representatividade na nova estrutura orgánica da Xunta.

Chama especialmente a atención a desaparición do escenario político de Xosé Manuel Barreiro, líder lugués e vicepresidente do PPdeG; logo da consagración de Feijóo9, non se deixou ver nas tomas de posesión dos conselleiros, de perfil técnico e con birrete. Algunhas fontes apuntan que esta ausencia vén dada por desavinzas cos encargados das listas electorais, que apenas contaron co seu criterio; por exemplo, no caso de Raquel Arias, outrora alcaldesa de Sober e agora superdelegada provincial.

Lugo pasou de ser unha nena bonita no fraguismo a ter pouco protagonismo na nova era do xestor de Os Peares, máis preocupado polo eixo atlántico e por atar en curto a Baltar, trombón incluído. Haberá máis altos cargos de Lugo? Seguirá Barreiro de vicepresidente? Quen move realmente os fíos neste PPdeG?

_________________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e www.xornal.com

01/05/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión