Agustín Fernández Paz recibe o Frei Martín Sarmiento

Redacción

Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, Fina Casalderrey e Xosé Rivadulla Corcón recibiron o pasado 30 de abril o premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no recinto feiral de Fexdega (Vilagarcía) no decurso dun acto no que participaron preto de dous mil estudiantes chegados de 125 colexios de toda Galicia. O premio, promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Federación de colexios de ensino concertados de Galicia e a colaboración da Concellería de Cultura de Vilagarcía e máis da Fundación Fexdega, entregouse nun acto presentado por Rubén Riós, que ten actuado en películas como "Pradolongo" e de series como "Libro de Familia" ou "Matalobos", e presidido pola alcaldesa, Dolores García. Ademáis, o acto contou coa presencia de representantes do mundo da cultura e das letras, como Marina Mayoral e Marcos Sánchez Calveiro. Os Frei Martín Sarmiento son uns premios de literatura concedidos por estudiantes de entre seis e dezaoito anos de centros concertados de Galicia. O xurado estivo composto á fin por 5.500 alumnos-lectores. Hai catro categorías, por tramos de idades.

03/05/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión