Anuario de Estatísticas Culturais

Redacción

Este é o segundo ano que o Consello da Cultura Galega publica o Anuario de Estatísticas Culturais, informe que compila unha gran cantidade de datos e estatísticas culturais e establecer, de maneira estable, un espazo para coñecer as principais magnitudes estatísticas sobre o sector cultural en Galicia. Deste xeito, pódese coñecer de xeito rápido o seu panorama actual e, a través dos sucesivos informes do Observatorio da Cultura Galega, a súa evolución a curto, medio e longo prazo.

O Anuario, que é unha ferramenta básica para activistas, creadores, empresarios, investigadores e xestores da cultura galega, describe un panorama positivo da evolución do sector nese período. Destaca tamén o número de empresas (3.565 cun incremento do 7 por cen) que empregan a 23.300 persoas, o que supón case o 2 por cento da do total do emprego, aínda que se perderon tres mill empregos respecto de 2006. O traballo foi realizado polo Observatorio da Cultura Galega do CCG en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Instituto Galego de Estatística e presentado hoxe polo Presidente, Ramón Villares, e o coordinador do Observatorio, Hakan Casares.

Os datos máis significativos indican un notable aumento dos espectáculos de teatro, danza e música, así como no número de libros publicados e no incremento dos usuarios das bibliotecas. Pola conta, constátase as caídas de maís do 11 por cento do nùmero de espectadores nas salas de cine e do 7 por cento nas visitas aos museos. Con todo, o consumo cultural das familias galegas presenta unha tendencia alcista cunha media de 757 euros. Tamén é progresivo, con algunhas variacións, o gasto público en cultura por parte da Xunta de Galicia no período 2000-2006. Agora o Observatorio da Cultura Galega traballa agora na elaboración do Anuario 2008.

Pode descargar: o informe completo ou ben un resumo.

04/05/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión