Cando os soños poden ser futuros

Xosé M. Pacho

Cando un cre que as cousas poden mudar, xa está no camiño para conseguilo. Onte en Santiago, estabamos moitos que queremos soñar cun país en galego, cunha xeografía en galego, cun futuro en galego.

Sabemos que somos minoría, pero tamén sabemos que as minorías convírtense en maiorías; tamén sabemos que os homes e as mulleres evolucionan, e que, a cada paso, aínda que a moita xente lle pese, estamos a construir unha sociedade onde o galego é o centro do noso desenvolvimento social. Por suposto que asumimos que a tarefa é difícil e complexa, que temos que moer co que hai, e convencer, porque sen convencer non chegaremos a ser maioría.

Pero é que a nosa lingua, o galego, é o cerne, o prezado cerne da nosa cultura, é a nosa instalación no mundo, e é o que pode facer de Galiza unha sociedade moderna. Falar galego para ser moderno. Falar galego para coñecer todas as linguas. Falar galego para viaxar polo mundo.

Falando galego non impomos nada, falando galego camiñamos, e falando galego creamos un futuro para os nosos nenos. Lembro sempre que durante moito tempo en Chequia, a lingua maioritaria que se fala era o alemán, agora, a día de hoxe, a ninguén lle estraña que a lingua que se fala en Chequia sexa o checo. Se sabemos empregar os nosos argumentos que son moitos e incontestabeis dentro dun tempo, a lingua da Galiza será o galego, a lingua dos galegos será o galego.

Porque o galego é a nosa instalación mental e a nosa xeografía espiritual, como a choiva, como a pedra, como o mar e a terra verde. Por iso a manifestación da lingua é a revindicación de nós mesmos, e do noso futuro.

Imaxe: MXM

18/05/2009

4 comentários :

  • O argumento da colonización só o credes os hiper nacionalistas do século XIX.

    22:28 do 18 de maio de 2009

  • Querido Anonimo anterior, tes que revisar o escrito e ollar no dicionario o que é a colonización, non vou falar dela pero existe en caes todos os eidos en Galiza.
    Por outra banda o 17 de Maio en Compostela, non todos eramos nacionalistas pois eu escoitei falar en castelán a moita xente que estaba alí para reivindicar o dereito ao Galego nas nosas vidas de Galegos consecuentes có noso Pais.Proba a irte a traballar a Escocia, e de paso toma recortes, ou Irlanda, mesmo a Quebec.
    O ánimo imperialista idiomático do PP non creo que teña moito futuro, agás que saque un Decreto-Lei que prohíba falar no Noso Idioma.
    GB=PP=Xunta=Feijóo.

    FENDETESTAS

    11:44 do 19 de maio de 2009

  • Querido Fendetestas,

    O que me refiro á a argumentación que utiliza o bloggero.

    Levo + de 40 anos escoitando o mesmo discurso.

    Por outra banda tento fuxir das doctrinas do tipo que sexan, inclusive a de "Galego consecuente".

    17:51 do 21 de maio de 2009

  • Pois mira Anónimo anterior si como escribes levas + de 40 anos escoitando o mesmo, (sic),eu ainda levo máis e será por algo que se está a facer mal.
    Pero tes unha contradicción, pois dis que fuxes de todo tipo de doctrinas como....( "Galego consecuente", non é unha doctrina).
    Debes ter algún problema, pois polo feito de opinar como opinas, xa estás a usar unha doctrina.
    Dito todo con moito respeto.
    Saúdos e Saúde.

    FENDETESTAS

    18:16 do 22 de maio de 2009

Danos a túa opinión