Manifestación en Vilalba pola crise do sector lácteo


Redacción

Esta mañá tivo lugar en Vilalba unha manifestación convocada polos sindicatos agrarios para protestar pola crise do sector lácteo, á que acudiron varios centos de persoas. Na mesma contouse coa presenza de numerosos representantes das principais forzas políticas de distintos lugares da comarca. O sector leiteiro galego atópase sumido nunha crise que afecta sobre todo aos produtores, que están a vivir unha situación insostible dende hai medio ano, soportando prezos do leite por baixo dos custos de produción.

Ademais de Vilalba, as mobilizacións desenvolvéronse en A Mariña, Meira, Sarria, Chantada e Palas de Rei, na provincia de Lugo; en Arzúa, Betanzos, Melide, Ordes, Santa Comba e Vimianzo, en A Coruña; e na Estrada e Lalín, en Pontevedra. A de Ordes e a de Vilalba foron as máis numerosas das convocadas hoxe. O éxito de convocatoria do conxunto das manifestacións convocadas nas catorce principais comarcas leiteiras galegas confirma que a sociedade non é allea a un problema que afecta a un conxunto da poboación galega moi importante. Calcúlase que arredor de 100.000 empregos están directa ou indirectamente relacionados coa produción gandeira en Galicia, subsistindo aínda 13.000 explotacións lácteas que teñen o seu futuro comprometido de manterse esta situación de crise.

8 de maio de 2009

6 comentários :

  • Tamén había responsables municipais e deputadas Socialistas ademáis de membros do PP, debería de ser máis xusta a noticia e non ser tan sesgada a favor do BNG, na vida lein algo tan sesgado e quero mostrar o meu disgusto por ver que caedes nesto nunmedio coma este que pensei que era máis plural.

    9 de maio de 2009, 13:01

  • Como lector imparcial de A Voz, tamén eu estiven na convocatoria e estou totalmente de acordo co que di o Anónimo anterior.

    10 de maio de 2009, 10:57

  • Eu tamén estiven e non vin o mesmo que os dous anónimos anteriores.
    É certo que habia de todo, pero sí máis xente con cargos do BNG.
    Sempre é así, non sei o motivo de que vos pareza mal; só que non nomeasen a cargos do PP e PSOE, que francamente non eran do mesmo nivel que o BNG.
    O 17 de Maio en Compostela, xa veredes como é o mesmo.

    FENDETESTAS

    11 de maio de 2009, 14:10

  • Por favor FENDETESTAS o que se lle pide á Redacción que non a un opinador é polo menos unh amínima imparcialidade e volto a repetirche e iso non é unha opinión se non unha realidade que había membros destacados do PSOE e do PP tanto ou máid destacados que os do BNG e a redacción debería de rectificar a información por escorada haci aun lado.

    12 de maio de 2009, 01:34

  • VExo que a noticia foi rectificada e dou as grazas a redacción por saber facelo. Un saúdo

    12 de maio de 2009, 01:35

  • A min non me importan os políticos que apoian, ou máis ben fanse ver, as manifestacións, neste caso do Sector Lácteo.O que sí me importa é o que poden facer dende os seus postos Públicos para solventar os problemas da sociedade, ao fin son os nosos representantes e alí están postos, mesmo polos afectados máis directamente; pois directa ou indirectamente saímos tod@s perxudicados.Claro que tamén tes dereito a reclamar o que che pareza xusto, faltaría máis.

    Saúdos querido Anónimo

    FENDETESTAS

    12 de maio de 2009, 19:36

Danos a túa opinión