A castaña galega, Indicación Xeográfica Protexida

Redacción

O título Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia "identifica a súa diferenza con respecto ao resto", segundo afirmou hoxe o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Jesús Quintá García, dando conta da importancia de conseguir este selo de calidade que "recupera o lugar que corresponde a este produto".

Na presentación oficial do selo, que garante a procedencia do produto para lograr a confianza do cliente, Quintá engadiu que, de entre todos os produtos galegos, a castaña é un dos máis representativos da cultura gastronómica ao representar máis do 50% da produción do Estado. O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, destacou que a castaña e os produtos galegos son "referentes" no mercado agroalimentario.

14/07/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión