Letras galegas e europeas


Redacción

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de ser confirmada como membro da EWC-FAEE A.I.S.B.L. (Confederación de Escritores Europeos – Federación de Asociacións Europeas de Escritores), na Asemblea Xeral que tivo lugar o pasado 21 de xuño de 2009 en Marsella.

EWC-FAEE A.I.S.B.L. son proxectos financiados con apoio da Comisión Europea. Xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, ingresaron na EWC-FAEE A.I.S.B.L. a Asociación Europea de Escritores “Die KOGGE e. V. de Alemaña; a Asociación de Escritores Daneses, de Dinamarca; a Unión de Escritores Bielorrusos, de Bielorrusia; a Asociación de Escritores Eslovenos, de Eslovenia, e a Academia da Lingua Maltesa, de Malta.

04/07/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión