Os heterodoxos, vaia por Deus


Fermín Bouza
Fernando Savater volve á ortodoxia nacional-lingüística cunha apoloxía da heterodoxia (nacional-lingüística) do partido UPyD, que é a ortodoxia dalgunha España Unitaria e Eterna que nunca existiu, salvo na cabeza de Franco e algúns outros esaxerados e desinformados na mesma liña de pensamento.

Conclúe, como non, apiadándose da mala fortuna do castelán (ou español?) nalgunhas comunidades con outra lingua propia (que desinformado anda tamén este home), linguas (estas si) que realmente teñen problemas. Todo moi ortodoxo-madrileño e moi incrible vindo de Savater, que empezou escandalizando tomistas e señoras do Barrio de Salamanca e (á vellez vexigas) agora malla linguas en declive das que xamais se ocupou. E todo polo gusto da heterodoxia. Supoño que por un gusto parecido outros tentamos que os nosos países defendan e conserven a súa lingua coas estratexias precisas para iso, estratexias diversas pero fundadas na necesidade e na relación de forzas, digamos. Estratexias insuficientes, en todo caso, que non nos tranquilizan.

9 de xul. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión