Unha nova oportunidade perdida


Martín Seco García

Este ano, como tódolos anos anteriores, voltamos a ter que facer unha crítica, que intenta ser constructiva, ante a ausencia do goberno do PP na organización das festas patronais de San Ramón e Santa María, e isto facémolo sen ánimo de ofender á Comisión de Festas, que entenderá que este escrito non intenta, nin moito menos, ir contra o seu traballo e desde logo non creo que volte a actuar dun xeito tan politizado como sucedeu con algún dos seus membros do ano pasado, entrando de cheo no debate político e levando a espazos persoais a defensa a capa e espada dos intereses dos gobernantes do Partido Popular como se formasen parte del, ou será que sí formaban parte?


Desde unha esquiniña do Grupo Municipal Socialista quero facer público o noso sentimento de contrariedade por voltar a atoparnos con outras festas de San Ramón e Santa María nas que o Grupo de Goberno do Partido Popular escapar de novo das súas responsabilidades e esquece, ou mellor dito, renuncia a organizar as nosas festas patronais e deixa nas mans dun grupo de voluntarios, ben intencionados e cun esforzo altruista que os honra, o traballo que eles deberían de realizar, por ser Vilalba un municipio da entidade suficiente para que o desenrolo das festas patronais correse a cargo dos nosos representantes municipais, en especial da desaparecida, estivalmente, Concellería de Cultura, que non mostra a actitude necesaria para facer das nosas festas, unhas festas de referencia na comarca e, porque non, en toda a Provincia de Lugo, como outros gobernantes de concellos menores que o noso, sí intentan facer e en moitos casos conseguen.

Se ben, estas festas, aínda que organizadas desde o Concello, deberían de ser realizadas co apoio e a implicación das diferentes entidades e asociacións municipais da nosa vila, que deberían de ser chamadas a colaborar na súa organización e desenvolvemento, ademais de ser as protagonistas e non deixalo simplemente para aqueles “colaboradores políticos” que actuán máis polo interés persoal de manter o posto de traballo, a posición social ou económica e a influencia política que por facer das festas un gran acontecemento para tódolos veciños.

Ademais, unha vez que se mellorou, desde o grupo de goberno, a organización de eventos durante todo o ano e se fixo algo por escoitar as múltiples voces que surxían pedindo a organización de eventos como o San Xoán, que foi unha gran proposta da Asociación de Vecinos da Zona Vella e a Feira Medieval en datas diferentes ás festas de San Ramón, que moitos levábamos tempo solicitando, así como unha mellor organización da Feira do Queixo e do Capón, escapando ademáis do sucio aparcamento da Praza da Constitución que tamén levábamos moito tempo pedindo, así como outras celebracións, que teño que decir que melloraron bastante desde este último ano e que falan positivamente dalgún responsable municipal que se está preocupando por escoitar, mellorar e actuar para facer aquelo que é o mellor para todos, sen necesidade de enrocarse en posicións partidistas previas. Por todo iso, esperamos que as continuas críticas do noso grupo fagan que dunha vez por todas se atrevan a organizar as festas máis importantes para o noso concello, nas que contarían sen ningún tipo de dúbida co apoio, traballo e disposición á colaborar do Grupo Municipal Socialista.

Así que esperemos outro ano máis e deixemos que o tempo e a insistencia de todos aqueles veciños que pensamos deste xeito, convenzamos aos nosos gobernantes para que se atrevan a facer algo tan bonito para o que goberna, como é a organización das festas patronais e que isto suceda co apoio de tódolos cidadáns e entidades que así o desexen, e non que os gobernantes só aparezan para intentar teledirixir moitos dos actos programados nelas, sen logo dar a cara ante os cidadáns que lles deron a responsabilidade de gobernar.

Non quero rematar sen desexar boas festas de San Ramón e Santa María a todos os vilalbeses e a aqueles que veñen visitarnos nesas fermosas datas para todos nós.

24 de ago. de 2009

6 comentários :

  • Estou totalmende dacordo co Martín. E, ademais, xa vou farto de que a comisión de festas poña a parir día si día tamén aos vilalbeses dende Radio Principal, alcumándonos de tacaños, maleducados e non sei cantas cousas máis. Imos ver, señores ramistas: en primeiro lugar, ninguén lles mandou meterse nesta historia, e, en segundo lugar, o que queremos é que o concello asuma dunha vez por todas e organice non só as festas, senón tamén un programa de actividades como é debido para o verán.

    25 de agosto de 2009, 14:01

  • É certo que as comisións de festas fan unha laboura pouco agradecida, tamén o é que si son ramistas non o son de casualidade, xa que supoño que ninguén os obriga, e si os obriga alguén, terán que apandar coas bedicións o igual que as maldicións.Dende logo os Vilalbeses non teñen, e coido que cada vez máis, a culpa do tipo de festas que se fan e como se fan.
    Outra cousa que os ramistas non teñen en conta, e que calquera Vilalbés polo mero feito de selo,xa están contribuindo cos seus impostos e debe ser informado de como se gastan os cartos públicos nas fetas, e o Concello aporta unha boa cantidade que manexan os ramistas.
    Dende logo as festas de Vilalba deberan ser feitas dende o Concello e a cargo da Comisión de Cultura; nos tempos que estamos debe haber un maior control do gasto público e unha xestión transparente, con unha política de actos que deberan abranguer non só as Festas do Patrón e Patrona, senón tamén o longo do verán para atraer o maior número de forasteiros posibles, para dinamizar o sector servizos do que sempre se presume dende o Concello
    pero nada fai para consolidalo sosteniblemente no tempo.
    De todos xeitos os ramistas non merecen nin alabanzas nin desprezos senon todo o contrario, como tampouco deben menospreciar eles a todo un Pobo.A vila non é tan grande e máis ou menos tod@s nos coñecemos
    Boas Festas a Tod@s.

    FENDETESTAS

    26 de agosto de 2009, 18:43

  • Por certo, porque a cultura está ausente do programa de festas, parece a cachola do concelleiro delegado deste departamento.

    O outro.

    26 de agosto de 2009, 18:55

  • O OUTRO, creo que pides moito para o nivel cultural dos que rexen o Concello.A cultura do PP é votar carreillas de pedra e asfaltados mal feitos,, así como voltar a reconstruir un tramo da Praza do Cementón e facer peonil unha rúa sen atractivo algún, agas O PEÓN, será para chegar alí mais comodamente os "populares".

    FENDETESTAS

    27 de agosto de 2009, 11:29

  • A bailaaaaaaaaaaaaarrrrrrrrrrr.
    Iso é o resumo das festas patronais do terceiro concello da provincia de Lugo.

    28 de agosto de 2009, 12:36

  • O terceiro Concello da Provincia de Lugo?.
    Podería ser así si tivesemos unha Corporación activa, pero no é así e estamos no quinto posto.
    Dende o Concello deberían preguntarse a que se debe a baixada no "ranking".
    Claro que pedirlle aos nosos representantes o anterior, é moito pedir.
    O sector servizos do que tanto chufan está esmorecendo.A chegada das autovias que aducen que van dar máis vida económica pola situación de Vilalba, non é máis que unha utopía.Fai falla algo máis para dinamizar o Concello en todos os eidos económicos.
    Os únicos que medran economicamente son os achegados ao PP.O resto de empresas é resultado do esforzo do día a día e a iniciativa particular, en moitos casos sin axudas.
    Con todo, ainda estamos a tempo de non perder o tren, e iso depende do Concello e demáis administracións.

    29 de agosto de 2009, 12:04

Danos a túa opinión