Centenario da "Unión Villalbesa y su comarca"

Redacción

Segundo informa o xornal dixital Galicia en el Mundo, a través do seu correspondente n´A Habana, Feliberto Carrié, os socios da "Unión Villalbesa y su comarca" reuníronse no Pazo do Centro Galego nunha comida para conmemorar o primeiro centenario da sociedade, creada en agosto de 1909.

Os asistentes, tanto persoas orixinarias da nosa bisbarra como descendentes nados en Cuba, foron na súa maioría persoas de avanzada idade e, dada a precaria situación económica da asociación, aportaron cada un as viandas precisas para a celebración.

Carlos Purriños, presidente da Unión, salientou a necesidade de conseguir novos asociados para mantela con actividade.

Durante o acto entregáronse diplomas de honra a Maria B. Prieto, Juan A. Águila, Manuel Soto, Antonio Tenreiro, María Mora, Rosa González, Ana Río, Manuel Curbelo, Félix Artola, Lidia López, Francisco López, María Paradela, María Ferrara, Emelina Hernández e Clara López.

22 de set. de 2009

1 comentários :

  • Moitos parabéns ós vilalbeses da Habana, e moitos ánimos, que falta lles fan. Véxase senón o detalle de que cada un tivo que levar a súa comida para o convite.

    Eu agora lembro unha expedición alá a principios dos noventa, cando aquelo se puxo de moda, dos concellos de Vilalba e Cospeito, que en teoría fora para axudar a esta xente. Polo que se ve, non se lembraron máis do tema.

    É mágoa, porque os pais e os avós destes homes e mulleres que hoxe pasan tantas dificultades construíron as escolas, o asilo, enviaron cartos para que os de acó puideran mercar as terras que traballaban...

    E nin sequera gratitude lles devolvemos. Como todos os novos ricos, calquera cousa que nos lembre o noso pasado de penúrias parece que é tabú.

    09:22 do 23 de setembro de 2009

Danos a túa opinión