Internacionalización da Arte Galega

Redacción

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou onte en San Caetano aos representantes da Asociación Galega de Galeristas a creación dunha liña de axudas as galerías para acudir ás feiras internacionais de cara a promocionar aos artistas galegos. O titular de Cultura e Turismo comprometeuse tamén a poñer ao día os pagos atrasados ao sector e a impulsar ás galerías galegas no difícil momento polo que están pasando.

O conselleiro de Cultura y Turismo comprometeuse "a abrir unha liña galerías no exterior, pero antes imos determinar a cantidade que se destinará a esas galerías, sendo condición necesaria que, polo menos, que a metade sexan artistas galegos, porque do que se trata precisamente é de promocionar a cultura galega no exterior e aos artistas galegos".

Outro dos eixes da reunión, segundo Roberto Varela, foi "o apoio da Consellería de Cultura e Turismo á creación do Espazo Atlántico, porque será unha oportunidade única para dar a coñecer o que se produce en Galicia". Esta feira de arte se celebrará no próximo mes de xaneiro en Vigo e contará cunha importante presenza das galerías galegas.

Doutra banda, Roberto Varela manifestou a súa intención de potencia a presencia de artistas galegos en feiras nacionais como ARCO. "Teño pensado poñerme en contacto cos responsables de ARCO porque penso a política levada a cabo non é xusta e se está deixando de lado ás galerías periféricas de España, entre elas as galegas e estamos buscando o remedio para darnos a coñecer máis no exterior", finalizou.

Roberto Varela e os galeristas tamén alcanzaron un acordo para pechar todos os pagos pendentes respecto ás compras realizadas polo Centro Galego de Arte Contemporánea e avanzou que se formalizará un convenio para ás axudas que quedaron sen pagar no que se refire ás asistencias as feiras deste ano de 2009.

A vicepresidenta da Asociación Galega de Galeristas, Asunta Rodríguez, agradeceu o apoio recibido polo conselleiro Roberto Varela e polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez. Tras a reunión afirmou que "xa nos somos goberno e oposición, estamos realmente contentos", e encanto a situación do sector a representante dos galeristas manifestou que "ante o ano que se aveciña moi complicado para o noso sector vamos contar coa axuda da principal institución galega".

A esta primeira reunión oficial na Consellería de Cultura e Turismo acudiron, en representación do sector galerista galego, Inés Ramiro, Galería AdHOc de Vigo; Concha Fontenla, C5 Colección de Santiago de Compostela; Luís Silvoso, Galería Borrón 4 de Vilagarcía de Arousa; Javier Blanco, Galería Metro de Santiago de Compostela e Vigo; Asunta Rodríguez, Galería Trinta de Santiago de Compostela.

03/09/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión