Memoria da Chaira enteira 2009

Redacción

Amigos e admiradores da obra de Manuel María xuntáronse unha vez máis, para lembrar ao poeta da Chaira no 5º cabodano da súa morte.

Como xa é tradición, Memoria da Chaira enteira homenaxea ao escritor nos lugares que cantou: a campa de Santa Isabel, Penas de Rodas, e tamén na tumba do cantor da Chaira no camposanto de Outeiro de Rei.

Lecturas de poemas, a música d´A Quenlla e Tino Baz e a entrega da navalla do Manuel ao activista cultural vilalbés Xulio Xiz completaron a máis importante das homenaxes que estes días lembran ao autor do poemario Terra Cha, e que terán continuidade o vindeiro venres co acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos no auditorio vilalbés.


A Voz de Vilalba publica unha completa reportaxe fotográfica da xornada realizada por Paulo Naseiro. Pódese ver picando nesta ligazón ou na imaxe de abaixo.
Memoria da Chaira enteira 2009

9 de set. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión