Scandal actúan o 1 de outubro no Clavicémbalo

Redacción

O grupo galego Scandal vai presentar o seu último disco "Time for Heroes", recén saído da factoría Sterling Sound de Nueva York da man de Steve Fallone (The Strokes, Yo la tengo...) o vindeiro día 1 de outubro no mítico clube Clavicémbalo de Lugo ás 22:30 horas. A entrada ao evento será de catro euros.

Co gallo de dita presentación mantivemos unha conversa con dous dos integrantes da banda, a vocalista Sandra Candal e o guitarrista Luis Quintana. Estas son algunhas das cousas das que falamos.

Como xurdiu o novo disco e o a opción de remezclalo nos Estados Unidos?
Luís: “Time for heroes”, o noso 2.º LP foi gravado nos, recentemente estreados, estudos Visue, en Suevos, Arteixo. Ía xa para catro anos que non entrabamos nun estudo e tiñamos moitas ganas de plasmar todos aqueles temas que levabamos tocando nese tempo. O de masterizarlo en Nova York foi unha oportunidade que se presentou por casualidade. É o que ten Internet. Agora xa non hai límites para poder traballar cos mellores... nin cos peores... (Risas)

Levades xa oito anos tocando, como foron os comezos de Scandal?
Sandra: Alá polo 2002, Luís Quintana propúxome gravar uns cantos temas e coa axuda de Xosé Bonham (de estudos Bonham n’A coruña). Así naceu o noso primeiro LP “Famous after death”. O disco gustou moito e vímonos obrigados a buscar xente para presentar os temas en directo.
Luís: Cómpre engadir que as nosas influencias son variadas. A ningún de nós gústalle o mesmo tipo de música, o que dá lugar a unha estraña fusión de estilos á hora de compor.

É moi difícil para un grupo galego abrirse camiño en inglés aquí ou no mercado internacional?
Sandra: Ben, a verdade é que no noso caso, pouco nos importa que os temas sexan nun idioma ou outro. De momento temos temas en castelán, en inglés e en francés. Pero quizais veñan máis temas noutros idiomas... (Risas). Cada canción “pide” unha lingua... Non o facemos con miras a abrirnos a un mercado ou a outro...

Como vedes o momento actual da industria? Credes que a crise pode afectarlle?
Sandra: Tentamos ser realistas. Agora mesmo a situación pinta realmente moi mal e é moi difícil destacar dentro do feixe de bandas que existen independentemente da crise que haxa. De todos os xeitos, hai que indicar que nós nos adaptamos á crise: “Time for heroes”, composto de 12 temas, só custa 6 euros.
Luís: A 50 céntimos o tema... (Risas)

Por que deberían os fans (e non fans) comprar este disco?
Sandra: Porque se trata de cancións moi especiais, cun estilo distinto. Unha chiscadela de aire fresco no panorama musical actual.

Que pensades das descargas en Internet? Credes que afectan máis aos grupos ou ao mundo da industria discográfica?
Sandra: Está claro que para bandas como a nosas Internet é de moita axuda para a promoción da nosa música...

En oito anos que levades tocando tiveron que ocorrer moitas cousas, que destacaríades (algunha anécdota, por exemplo)?
Luís: Unha vez despistámonos polas estradas de Ourense, buscando a sala do concerto. Iamos separados en dous vehículos e cada un perdeuse polo seu lado. O dono da sala tivo que vir buscarnos e, ao final, montamos e probamos en 15 minutos. Coido que os técnicos non daban creto...

Dixéronnos que tedes un directo moi potente e que se nota que disfrutades moito sobre o escenario. Hai algo comparable a tocar en directo?
Luís: O sexo en grupo (Risas).

Cales son os plans para o futuro de Scandal como banda?
Sandra: Agora mesmo estamos en plena xira galega. Despois da nosa actuación en Lugo, no Clavicémbalo, aínda estaremos en Vigo, en Ferrol, en Coruña e en Laracha. Probablemente a principios do 2010 empecemos con máis bolos a nivel nacional e a ver que pasa.


Pódese escoitar un adianto dalgún dos 12 temas que o compoñen en www.scandalband.com. Trátase de Pop-rock fresco e enerxético "made in Galicia". Avalados por oito anos de traxectoria. Seleccionados por Nsaio non Camiño (Ruta Xacobea) 2009. (www.nsaio.org). Máis información sobre a banda;
www.scandalband.com. Descargas de música, fotos e dossier; . Contacto: skandal00@yahoo.es ; 692956878

29 de set. de 2009

5 comentários :

  • Scandal presenta su último disco "Time for Heroes", recién salido de la factoría Sterling Sound de Nueva York de la mano de Steve Fallone (The Strokes, Yo la tengo) el próximo día 17de Octubre en la Sala Run Rum (Ferrol) a las 22,30 horas (Entrada: 4 euros)

    00:24 do 16 de outubro de 2009

  • O vindeiro día 24de Octubre na Fnac (A Coruña) ás 19,30 horas Scandal presenta o seu último disco "Time for Heroes", recén saído de la factoría Sterling Sound de Nova York da man de Steve Fallone (The Strokes, Yo la tengo) (Entrada gratuita)

    23:22 do 22 de outubro de 2009

  • No Pub Balance (Ferrol), ás 00:30 horas e con entrada gratuita, Scandal presenta o seu último disco "Time for Heroes", recién saído da factoría Sterling Sound de Nova York da man de Steve Fallone (The Strokes, Yo la tengo).

    17:07 do 3 de decembro de 2009

  • el próximo viernes 11 de Diciembre en la Discoteca Frama (Boiro) a las 00,00 horas (Entrada gratuita) Scandal presenta su último disco "Time for Heroes", recién salido de la factoría Sterling Sound de Nueva York de la mano de Steve Fallone (The Strokes, Yo la tengo).

    Todos los asistentes al concierto se llevarán una grata sorpresa en la barra de la discoteca.

    17:59 do 10 de decembro de 2009

  • Scandal presentará en formato acústico su último disco "Time for Heroes", recién salido de la factoría Sterling Sound de Nueva York de la mano de Steve Fallone (The Strokes, Yo la tengo) el próximo viernes 19 de Febrero en la cafetería Noite Meiga (Ribeira) a las 22,00 horas (Entrada gratuita)

    Más información:
    http://www.scandalband.com/prensa.php

    Mini Vídeo Promoción.
    http://www.youtube.com/watch?v=3OnAjDujg3I

    13:21 do 17 de febreiro de 2010

Danos a túa opinión