'Lingua, sociedade e política en Galicia'

Redacción

O día 16 de setembro ás 12 horas coas intervencións de Ramón Villares, Presidente da institución; Henrique Monteagudo, co-coordinador do seminario, e Alba Nogueira presentarase u seminario sobre “Lingua, sociedade e política en Galicia”, que se desenvolverá entre decembro-2009 e xuño-2010. Nel participarán, entre outros, Fermín Bouza (colaborador de A Voz de Vilalba), Antón Losada, Peter A. Kraus ou Bieito Silva.

Tamén se presentarán unhas xornadas de análise sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, en febreiro-2010, serán as achegas que sobre a cuestión lingüística ofrecerá nos vindeiros meses o Consello da Cultura Galega.

15 de set. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión