V día da Cultura Chairega

Redacción

O Instituto de Estudos Chairegos organiza o V Día da Cultura Chairega, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora cinco anos do seu falecemento. O acto levarase a cabo o venres, 11 de setembro, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. Está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e pola Fundación Caixa Galicia, e consistirá na presentación do libro ANDANDO A TERRA (CHÁ), que recolle máis de medio cento de artigos de temática chairega escritos por Manuel María e publicados en "A NOSA TERRA" entre os anos 1978 e 1989. Intervirán: Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA; Saleta Goi, viúva de Manuel María; Afonso Eiré, vicepresidente de PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, entidade editora de A NOSA TERRA e Manuel Roca Cendán, vocal do IESCHA e coordinador da edición. Tamén actuará a Banda de Música de Vilalba.

09/09/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión