Video: A Banda de Vilalba en 1992

Redacción

O percorrido da Banda de Música de Vilalba comeza en 1987, cando do concello crea unha escola de música da que sairá a formación, que se presentou oficialmente o día 14 de abril de 1991, dirixida por Xosé Guntín Currás.

Rescatamos unha gravación de afeccionado en vídeo que recolle a actuación da banda nas festas locais de 1992, e que mostra a grande aceptación que esta formación musical tivo desde o seu nacemento.

A gravación amósanos non só o conxunto instrumental, senón que tamén se recrea no público asisente, moitos vilalbeses ben coñecidos dos que algúns, desafortunadamente, xa non están entre nós. Constitúe, pois, unha pequena fiestra para a lembranza.


1ª parte



2ª parte



Cortesía de Bernardo García Cendán. Operador de cámara: Xosé M. Bermúdez. Dixitalización: Chema Felpeto. Montaxe para Youtube: Iago Castro.


12/09/2009

1 comentários :

Danos a túa opinión