Asemblea fundacional de Prolingua


Redaccción

A Faculdade de Filoloxía da Universidade compostelá acolleu onte a asemblea fundacional de Prolingua, a plataforma de defensa da lingua galega, á que asistiron máis de duascentas cincuenta persoas entre os que estaban os escritores Xavier P. Docampo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz ou Miguel Anxo Fernán Vello, políticos como os nacionalistas Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, o histórico socialista Xosé Luís Rodríguez Pardo ou o popular Rafael Cuíña.

Precisamente unha das intervencións máis destacadas foi a do fillo do malogrado Xosé Cuíña, quen declarou o seu compromiso "contra as teses obscenas de Galicia Bilingüe". "Xente do meu entorno díxome que facía aquí rodeado de roxos perigosos. Eu díxenlles que roxos haberá, pero os perigosos son outros”, engadiu facendo referencia á súa militancia no Partido Popular

Con todo, a intervención máis destacada foi a do escritor vilalbés Agustín Fernández Paz, quen denunciou a política contra o galego do actual goberno e reclamou firmeza e rebeldía cívica "ao estilo de Rosa Parks", a afroamericana que, coa súa negativa a ceder o asento a un branco no autobus, iniciou a loita polos dereitos civís. "Estamos fartos de ceder e ceder", concluíu o autor chairego.

Porlingua definese como apartidaria e plural. Considera que a lingua é patrimonio do pobo galego, polo que ningún grupo ou ideoloxía particular se debe apropiar dela. A platafroma conta arestora con máis de 800 membros que forman parte dela a título persoal, independentemente das entidades políticas ou sociais ás que estean adscritos, co único compromiso de apoiar o idioma.

Máis información: Prolingua
Manifesto a prol da lingua

04/10/2009

1 comentários :

Danos a túa opinión