Buses para a manifestación en defensa do Galego


Redacción

O Instituto de Estudos Chairegos fletará autobuses para acudir á manifestación do vindeiro domingo en Santiago de Compostela.

Os buses sairán ás 9,30 horas da Casa da Cultura, regresando ás 17,00. O prezo do billete é de 5 euros para os socios do IESCHA e 10 para os non socios, sendo de balde para os menores.

As inscricións pódense facer con calquera directivo do IESCHA ou ben nos teléfonos 639 246 459 e 651 361 628.

13/10/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión