Homenaxe a Ramiro Fonte

Redacción
O vindeiro sábado, día 17, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, terá lugar un acto de homenaxe a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, unha obra colectiva de tributo á memoria humana e literaria do escritor.

14/10/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión