IV Ciclo Escritores na Universidade

Redacción

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, organizan o IV Ciclo Escritores/as na Universidade, consistente nunha serie de mesas redondas nas que se achegarán á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a posibilidade de saber como ven os autores/as a situación actual dos seus respectivos xéneros literarios.

En concreto, as mesas redondas tratarán de ofrecer panorámicas dos xéneros narrativo, poético, teatral e ensaístico desde o punto de vista dos escritores/as, que faran unha análise subxectiva, para despois participaren nun coloquio aberto ao estudantado.

O ciclo celebrarase no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, de acordo co seguinte programa:

8 de outubro. 12,00 horas
O poeta en tempos de penuria
Antonio García Teijeiro, Elvira Riveiro Tobío e Luis González Tosar

5 de novembro. 12,00 horas
Narrar e contar dos tempos que corren
Marcos S. Calveiro, Luis Rei Núñez e Inma López Silva

19 novembro
Ensaiar e pensar desde (e para) o país escuro
María López Sánchez, Dolores Vilavedra e Xosé Manuel Beiras Torrado

3 de decembro. 12,00 horas
Máscaras e rostros, teatro e realidade
Quico Cadaval, Afonso Becerra e Gustavo Pernas.

07/10/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión