No Lugar dos Soños con Xavier P. Docampo


Redacción

A Irmandade Manuel María e os Clubes de lectura da Asociación Cultural Xermolos homenaxean o vindeiro 24 de outubro ao autor rabadense Xavier Puente Docampo, coa colocación do cuarto hectómetro literario no Paseo dos Soños do río Madanela.

Os actos comezarán ás 12 do mediodía cunha mesa redonda, no Muíño do Rañego, na que participarán os escritores Fina Casalderrey, Xosé Cobas, María Xesús Fernández, Agustín Fernández Paz, Antía Otero, Mercedes Queixás e David Otero.

Logo da colocación do monolito no Paseo dos Soños, haberá un xantar de irmandade no restaurante A Nova Ruta de Vilalba. Os interesados en acudir poden apuntarse no teléfono 646 413 890.

Xavier P. Docampo, nado en 1946, é autor de abondosas obras literarias, ademáis dun destacado membro de movementos de renovación pedagóxica. Obtivo en 1996 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Cando petan na porta pola noite. Na actualidade é un dos promotores da Plataforma Prolingua.

14/10/2009

3 comentários :

Danos a túa opinión