A nova cociña galega

Xosé Manuel Pacho

Coido que a cociña é outro xeito de cultura, o por mellor dixer, forma parte da cultura. Neste senso Galiza ten moito que camiñar. Os novos cociñeiros galegos agrupado no Grupo Nove amósannos que algo se move na cociña galega. De feito nunca houbo tantos restaurantes con estrelas Michelin. E hoxe estiven nun xantar onde por primeira vez na historia da cociña galega, plantexábase unha nova reformulación do cocido galego. Para os escépticos que se volven tolos coas propostas de Adriá en Catalunya ou de Aduriz en Euzkadi, hei de dicirlles que tamén neste campo os galegos son, somos, vangarda. Hoxe Javier do Restaurante A Rexidora en Ourense fixo esta proposta de novo cocido galego, cun fondo respecto ao noso, aos nosos ingredientes, pero repensado. Para os que non o coñezan e pensen que é un chainas, dicirlles que ten unha estrela michelín e está entre os 100 mellores restaurantes do Estado.

É un gusto ver como pese a todos os pesares, seguimos a avanzar. Parabéns e seguir adiante.

Unha reflexión que quero anotar. Tense discutido moito sobre o nobel da paz para Obama. Eu son dos que pensa que é fundamental marcar unha liña, e para min Obama ten máis méritos que Al Gore. Aínda que recoñezo que aínda está por ver o que fai materialmente o presidente dos USA. Se cadra todos nos estamos deixando levar pola ilusión.

Os do comité do Nobel son como os do Príncipe de Asturias, uns oportunistas. De feito, quero lembrar que Sir Winston Churchill levou o Nobel. De que alguén preguntará?

Admítense apostas.

tic tac, tic tac...

19/10/2009

2 comentários :

  • De literatura, meu! O que pasa é que Sir W.S. tiña ben máis méritos para o Nobel de literatura que Obama para o da paz. Algunhas das súas obras de mocidade son realmente fermosas, aínda que difíciles de conseguir hoxendía (Makaland Field Force ou The River war lense moi ben).

    19:15 do 20 de outubro de 2009

  • Téñense xerado moitos comentarios en torno ao nobel da paz de Obama, pero penso que, aínda que polo de agora non fixo nada, con iso xa ten feito máis que Henry A. Kissinger, que o levou en 1973, sendo como é, segundo Gore Vidal, "o maior criminal de guerra que anda solto polo mundo adiante".

    19:42 do 20 de outubro de 2009

Danos a túa opinión