O Consello da Cultura, en LIBER 09

Redacción

O Consello da Cultura Galega, xunto co Institut d´Estudis Catalans e a Real Academia da Lengua Vasca (Euskaltzaindia), estará presente cunha escolma das súas publicacións en LIBER 09, encontro internacional da industria editorial que se celebra do 7 ao 9 de outubro no Pavillón 12 da Feira de Madrid. As tres institucións culturais compartirán un espazo no que darán a coñecer algunhas mostras das súas produccións bibliográficas.

O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, viaxará a Madrid o día 7 de outubro para estar presente no inicio do Liber’09 e suliñar, unha vez máis, a vontade da institución de cooperar cos organismos responsables de impulsar as linguas e as culturas propias en Euskadi, Cataluña e noutras Comunidades Autónomas. Organizada polo Instituto Ferial de Madrid (IFEMA) e promovida pola Federación de Gremios de Editores de España, LIBER’09 conta co patrocinio da Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas do Ministerio de Cultura; o Instituto Español de Comercio Exterior; a Comunidad e o Ayuntamiento de Madrid; a Asociación de Editores de Madrid, e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).

06/10/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión